Inicio Últimas Noticias Máis de 12.000 persoas beneficiaránse dos Bonos Corazón, esgotados en 30 horas

Máis de 12.000 persoas beneficiaránse dos Bonos Corazón, esgotados en 30 horas

PROMOCIÓN ECONÓMICA
Máis de 12.000 persoas beneficiaránse dos Bonos Corazón, esgotados en 30 horas

19/11/2023 Os Bonos Corazón quedaron esgotados onte, pouco máis de 30 horas despois de que se habilitara a súa descarga na web bonoscorazoncompostela.gal. Un total de 12.051 persoas descargaron 21.650 bonos, que se poderán utilizar ata o 22 de decembro. A convocatoria permitirá mobilizar máis dun millón de euros no comercio e na hostalería locais.

A convocatoria dos Bonos Corazón xerou unha enorme expectación, e en pouco máis de 30 horas quedou esgotado o orzamento de 433.000 euros destinado ao programa. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, destacou que tamén está a ser un éxito a participación de establecementos de comercio e hostalería, con máis de 480 negocios inscritos en dous días. O prazo de adhesión finaliza ainda o 4 de decembro.A principal novidade da convocatoria deste ano era que todos os bonos dispoñibles eran de 50 euros e podíanse adquirir un máximo de tres por persoa. O obxectivo era simplificar o proceso e chegar ao maior número de persoas consumidoras. Neste sentido, superáronse as previsións, que apuntaban a que unhas 7.200 persoas descargarían os bonos, e finalmente foron máis de 12.000.En cada un dos bonos, a persoa consumidora achega o 60% do importe, e o 40% é o que corre a cargo do Concello. Desta maneira, unha persoa que descargara tres bonos de 50 euros, abonou 90 euros, e os outros 60 son a achega municipal. Os Bonos Corazón poderánse utilizar nunha ou varias compras ata o 22 de decembro, e a partir desa data os bonos non trocados caducarán.

Leer más:   Mozos e mozas do programa de emprego Appventurers desenvolverán apps de realidade aumentada en espazos emblemáticos de Santiago

- Te recomendamos -
Artículo anteriorJoan Franco, presidente de TECNIBERIA: “Hay que abordar de forma inminente el problema de la escasez de agua en España”
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 19 de noviembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.