Inicio Últimas Noticias Izado da bandeira na praza de Galicia para conmemorar a I Asemblea...

Izado da bandeira na praza de Galicia para conmemorar a I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala

ALCALDÍA
Izado da bandeira na praza de Galicia para conmemorar a I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala

18/11/2023 A alcaldesa en funcións, Míriam Louzao, xunto con membros da Corporación, participou na praza de Galicia no acto de izado da bandeira organizado pola plataforma Vía Galega de xeito simultáneo en distintas vilas e cidades con motivo do 105 aniversario da I Asemblea Nacionalista. Na edición anterior, ergueuse unha bandeira no Parque de Carlomagno, no barrio das Fontiñas.

Na súa intervención, Míriam Louzao sinalou que, por moitas razóns, Santiago de Compostela “ten unha especial obriga á hora de honrar e difundir os nosos símbolos nacionais”. “A nosa condición de capital de Galiza imprímenos un deber a maiores que asumimos con compromiso e con responsabilidade”, explicou.Santiago é cidade de destino que acolle cada ano milleiros de persoas que atravesan camiños para visitarnos e constitúe “un deber e unha oportunidade aproveitar esa natureza de destino de visitantes para darlles a coñecer quen somos, presentarnos como galegas e galegos, coa nosa historia, coa nosa lingua, co noso patrimonio e coa nosa bandeira, nesta praza principal da nosa cidade”, indicou.

Leer más:   Os Bonos Corazón estarán dispoñibles para a súa descarga a partir de mañá 17 de novembro

- Te recomendamos -
Artículo anteriorCofares defiende en el Parlamento Europeo la regulación legal de la distribución farmacéutica de gama completa
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 18 de noviembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.