Inicio Últimas Noticias Varias deportistas locais protagonizan a segunda parte da campaña municipal ‘O teu...

Varias deportistas locais protagonizan a segunda parte da campaña municipal ‘O teu machismo dá noxo’ lanzada con motivo do 25N

IGUALDADE
Varias deportistas locais protagonizan a segunda parte da campaña municipal ‘O teu machismo dá noxo’ lanzada con motivo do 25N

17/11/2023 Baixo o lema “NON HAI PRÓRROGA PARA O MACHISMO. O TEU MACHISMO DÁ NOXO”, o vídeo da futbolista compostelá Vero Boquete inaugura a segunda fase desta campaña lanzada polo Concello de Santiago con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, que terá lugar o vindeiro 25 de novembro. O obxectivo destas pílulas informativas que serán difundidas a través das redes sociais é convidar á cidadanía a reflexionar sobre os comportamentos e formas de violencia machistas no mundo do deporte.

A campaña “O teu machismo dá noxo”, lanzada o pasado 11 de novembro polo Concello de Santiago con motivo do 25N, suma hoxe unha nova liña de sensibilización a través do lanzamento de varias pílulas informativas protagonizadas por mulleres deportistas da cidade que se difundirán a través das redes sociais do CIM, de Compostela, Territorio das Mulleres e de Casa Xohana Torres (Facebook, Instagram e Tiktok) coa finalidade de facer reflexionar á sociedade sobre o machismo no mundo do deporte.No marco desta campaña, desde principios deste mes estanse a difundir unha serie de mensaxes a través de diferentes soportes como carteis, vasos, manteis, bolsas empregados nos establecementos comerciais e hostaleiros adscritos, así como a través de imaxes nos autobuses urbanos e marquesiñas, lonas desepregadas en diferentes edificios emblemáticos e espazos deportivos ou proxeccións nalgunhas prazas da cidade. O 24 de novembro tamén terá lugar a lectura pública do manifesto.Estas mensaxes pretenden apelar directamente a todas as persoas que os ven coa intención de convidar á cidadanía a reflexionar sobre comportamentos machistas como o mansplaining, sextorsión, insultos e escalificacións…Cada unha destas formas de violencia van acompañadas das correspondentes definicións para aquelas persoas que non estean familiarizadas con elas, e a nivel visual, de alimentos en estado de descomposición que buscan provocar noxo e rexeitamento no receptor/a, e que esta emoción se dirixa tamén contra quen exerce esa violencia.

Leer más:   Comunicado sobre a anulación e o aprazamento IX Edición da Carreira San Silvestre, o Campionato de Galicia de 5 quilómetros e o cotillón de fin de ano

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAdvance añade probióticos y prebióticos a su receta para favorecer la microbiota de los perros
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 17 de noviembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.