Inicio Últimas Noticias Talentia Summit pecha a edición de 2023 con máis de 33.500 usuarias...

Talentia Summit pecha a edición de 2023 con máis de 33.500 usuarias no seu espazo virtual e recuperando o formato presencial

PROMOCIÓN ECONÓMICA
Talentia Summit pecha a edición de 2023 con máis de 33.500 usuarias no seu espazo virtual e recuperando o formato presencial

17/11/2023 Talentia Summit pecha hoxe a súa edición de 2023 con máis de 33.500 usuarios e usuarias únicas no seu espazo virtual, 7.000 máis que en 2022. En total, a web talentiasummit.com achegouse ás 46.000 sesións, con máis de 2.600 reservas na oferta formativa virtual, e case 1.900 currículums intermediados.

A edición 2023 de Talentia Summit, que remata hoxe, deixa números moi importantes, que superan aos de anteriores edicións en canto á participación. Na web talentiasummit.com contabilizáronse 45.714 sesións de 33.545 usuarios e usuarias únicas, e máis de 328.000 páxinas vistas. A maioría das persoas usuarias, máis de 10.000, foron de Santiago. Séguelle Madrid, con máis de 6.000 usuarios e usuarias únicas, e Vigo, con 3.500. Por detrás sitúanse, en número de persoas usuarias na web, A Coruña, Barcelona, Valencia, Pontevedra, Sevilla e Ourense.A oferta formativa na feira virtual sumou 2.664 reservas, e a través de Talentia Summit foron intermediados 1.882 currículums para as 538 vacantes ofertadas en 224 ofertas de emprego diferentes. Ademais, a través dos stands virtuais das empresas participantes axendáronse 1.123 videochamadas para a realización de entrevistas, e houbo 221 reservas para mentorías de desenvolvemento profesional.Nesta edición, Talentia Summit recuperou tamén o seu formato presencial, con cursos de formación nos que participaron máis de 300 persoas, mentorías, asesoramento, e entrevistas de traballo por parte de diferentes empresas.En canto ao Foro Talentia, celebrado o pasado 10 de novembro no CGAC, contou coa asistencia de máis de 250 persoas, e outras 1.300 visualizaron xa o acto en Youtube. En total, os vídeos de Talentia Summit publicados nesta plataforma suman 74.470 visualizacións.O Foro Talentia Summit estivo centrado este ano na tecnoloxía e a innovación, e máis en concreto en como a intelixencia artificial está reconfigurando o panorama laboral; na promoción do talento local, e na reflexión sobre as políticas de igualdade e conciliación. O evento contou coa participación de importantes ponentes como Alex Rayón, Susana Pascual, Santiago Domínguez, Carmen Castro, Tino Fernández, Ignacio Ramos, Anna Cabó, Guillem Garcia Brustenga e Isabel Pernas; así como da concelleira de Promoción Económica e Emprego, María Rozas, o secretario xeral de Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia, Pablo Fernández; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.

Leer más:   Últimos días para solicitar o permiso para realizar cacharelas en espazos públicos e privados

- Te recomendamos -
Artículo anteriorAdvance añade probióticos y prebióticos a su receta para favorecer la microbiota de los perros
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 17 de noviembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.