Inicio Últimas Noticias Reabre o parque infantil da Alameda con novos xogos inclusivos

Reabre o parque infantil da Alameda con novos xogos inclusivos

PARQUES E XARDÍNS
Reabre o parque infantil da Alameda con novos xogos inclusivos

17/11/2023 O concelleiro de Parques e Xardíns, Xesús Domínguez, visitou o espazo infantil da alameda, ubicado xunto ao Campus Sur, para proceder á súa apertura logo da remodelación integral que supuxo a incorporación de novos elementos de xogo e a renovación de pavimento, nunha aposta pola inclusividade.

Con esta obra, para a que destinaron 300.000 euros, conseguiuse un parque inclusivo con xogos adaptados e destinados a idades entre 3 e 12 anos. Para a mellora deste espazo utilizáronse elementos naturais como madeira e area, que se complementan coa renovación do pavimento de caucho xunto con compoñentes de diversión aptos para cativada con diversidades funcionais.A partir de agora, nenos e nenas poderán utilizar no tempo de lecer este parque renovado á beira da Alameda e de diversos centros de ensino que conta cun castelo, cunha casiña, carrusel, hamaca, tirolina e xogos de equilibrios, que servirán para se divertir e desenvolver habilidades sociais, destreza motriz e creatividade neste espazo de socialización, que tamén contribúe a fomentar valores de amizade e de compañeirismo de xeito inclusivo.

Leer más:   A rede de centros socioculturais oferta 7.400 prazas nas actividades para o curso 2023-2024

- Te recomendamos -
Artículo anteriorAdvance añade probióticos y prebióticos a su receta para favorecer la microbiota de los perros
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 17 de noviembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.