Inicio Últimas Noticias O Concello de Santiago comeza o proceso de consulta cidadá do Plan...

O Concello de Santiago comeza o proceso de consulta cidadá do Plan de Accesibilidade

ACCESIBILIDADE
O Concello de Santiago comeza o proceso de consulta cidadá do Plan de Accesibilidade

17/11/2023 Esta consulta coa cidadanía pretende definir a situación de partida en materia de accesibilidade, así como identificar puntos críticos e posibles actuacións de mellora xeolocalizables. Todas as persoas que desexen participar nesta consulta poderán facelo en liña a través dunha ligazón, vía telefónica e ou a través de WhatsApp ou Telegram.

O Concello de Santiago comeza o proceso de consulta cidadá para o proceso de redacción do Plan de Accesibilidade. Mediante a mesma, preténdese definir e avaliar a situación de partida, así como recoller necesidades, problemáticas e actuacións concretas que a cidadanía considere necesarias atender para facer de Santiago de Compostela un municipio universalmente accesible.Nese sentido, a consulta cidadá dispón de dúas partes: un cuestionario e un mapa interactivo. Na primeira, a cidadanía valorará a situación xeral do espazo público e os seus diferentes elementos (papeleiras, contedores, parques infantís, etc.), os servizos municipais, os edificios de titularidade municipal e o acceso aos establecementos privados.Seguidamente, a través dun mapa interactivo, poderase indicar necesidades e actuacións concretas dentro do mapa de Santiago de Compostela. No mesmo, poderemos incluír a localización concreta e unha descrición da necesidade/actuación que queremos recoller.Recoméndase responder ás preguntas só unha vez, porén, é posible acceder dereitamente ao mapa interactivo sen pasar polas preguntas no caso de que unha vez completada a enquisa desexen introducir máis aportacións ao mapa.Para realizar a consulta pódese acceder dende o seguinte enderezo e estará aberta á cidadanía durane un prazo estimado de 2 meses. Ademais, como forma de garantir a accesibilidade universal na recollida de propostas, aquelas persoas que o precisen disporán das liñas de comunicación do programa para solicitar asistencia para cubrir a consulta cidadá, habilitando un teléfono aberto a chamadas e aos servizos de mensaxería instantánea de WhatsApp e Telegram (604.025.160) e o correo electrónico (accesibilidade.santiago@gmail.com).Plan de Accesibilidade UniversalO Plan de Accesibilidade Universal de Santiago de Compostela é un Plan Estratéxico deseñado para satisfacer as necesidades de integración da poboación na procura dunha mellor calidade de vida a través da consecución dun modelo urbano e social accesible para toda a cidadanía.Este proxecto enmárcase dentro das actuacións contempladas no Eixo 2 Destino intelixente, mobilidade sostible e accesibilidade, do convenio entre a Secretaría de Estado de Turismo, a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela, para a execución do Plan de Sostibilidade Turística na cidade de Santiago de Compostela.

Leer más:   O Goberno Municipal ten previsto aprobar este luns a primeira fase das axudas para a colocación de ascensores en edificios de áreas de rehabilitación integral

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAdvance añade probióticos y prebióticos a su receta para favorecer la microbiota de los perros
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 17 de noviembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.