Inicio Últimas Noticias O plan de conservación de lavadoiros comeza cos labores de roza e...

O plan de conservación de lavadoiros comeza cos labores de roza e de limpeza

SERVIZOS BÁSICOS COMUNITARIOS
O plan de conservación de lavadoiros comeza cos labores de roza e de limpeza

16/11/2023 O Concello de Santiago desenvolveu un plan de roza e limpeza de lavadoiros, que se complementará cunha segunda fase para súa recuperación e posta en valor. Estes traballos incluíron o baleirado e limpeza das pías, a roza da contorna da parcela, retirada de lixo, depósitos, lama e de herbas de raíz, cunha intervención inicial en 21 lavadoiros que vén de concluír.

Entre eles, actuouse no lavadoiro de Picaños, de planta octogonal e cun diámetro de dous metros. Trátase dun elemento etnográfico singular con oito zonas de lavado independentes en cada unha das caras do octógono, así como unha canle que recolle a auga dunha pía situada ao lado das escaleiras de granito que chegan da parte alta. O espazo está delimitado por un muro de granito que serve de banco corrido ou de pousadoiro para o cesto da roupa. Na actualidade, xa se pode ver o resultado dos labores de limpeza e roza de vexetación neste lavadoiro de Picaños, necesarios para a segunda fase en que se vai proceder á limpeza en seco da cantería, ao saneado das lousas, impermeabilización e colocación dunha lousa que falta.Impermeabilización e recuperación das canles de augaNesa segunda fase realizaranse actuacións de impermeabilización do vaso dos lavadoiros onde se detectou esta necesidade, xunto con labores de saneado e rexuntado de paramentos e a colocación de chaves para o peche do desaugue onde se precisen, para conseguir que se reactive a circulación da auga.Nalgúns casos tamén se mellorará a pavimentación da contorna do lavadoiro, coa reposición de adoquinado e de lousas de pedra, así como o adecentamento das cubertas que posúen.En concreto, nesa intervención actuarase los lavadoiros do Romaño, do Avío, Vite, Guadalupe, Salgueiriños de Arriba, Salgueiriños, Picaños e Casal do Castiñeiriño, por precisaren melloras para a súa conservación, logo de se avaliaren as patoloxías detectadas e de que se prescriban as actuacións de intervención para cada un deles.

Leer más:   O concelleiro de Medio Rural visita as cativadas de Nadal que se desenvolveron do 23 ao 5 de xaneiro en tres centros socioculturais da zona rural

- Te recomendamos -
Artículo anteriorJorge de la Vega y Juan Vicente Marín, los hombres de confianza de Javier Tebas en LALIGA
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 16 de noviembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.