Inicio Últimas Noticias Luis Zahera e Costa-Gavras non poderán asistir á 37ª edición de Cineuropa

Luis Zahera e Costa-Gavras non poderán asistir á 37ª edición de Cineuropa

CAPITAL CULTURAL
Luis Zahera e Costa-Gavras non poderán asistir á 37ª edición de Cineuropa

14/11/2023 Unha indisposición do intérprete compostelán imposibilita a súa viaxe a Santiago, polo que a entrega do premio Cineuropa se apraza á 38ª edición do festival. Carmen Claudín, colaboradora próxima e amiga de Jorge Semprún, presidirá a mesa redonda en homenaxe ao centenario do nacemento do escritor e guionista

A entrega do Premio Cineuropa ao actor Luis Zahera terá lugar na 38ª edición de Cineuropa. Unha indisposición do intérprete imposibilita a súa presenza en Compostela nas datas previstas, polo que o festival decidiu aprazar a homenaxe ao 2024 para que o público da cidade poida recibilo como merece e aplaudir de novo o seu traballo.O actor pediu ao equipo do festival que trasladase ao público de Cineuropa a súa pena polo adiamento desta cita e o fondo desexo de reencontrarse coa veciñanza de Compostela na vindeira edición.Malia o aprazamento da cerimonia de entrega do premio, Cineuropa mantén a proxección do filme El Reino prevista para a tarde do 15 de novembro, polo que as persoas que conten cun convite para asistir á sesión poderán gozar igualmente da película de Rodrigo Sorogoyen que lle valeu a Luis Zahera o seu primeiro Premio Goya.Carmen Claudín presidirá a conmemoración do centenario de Jorge SemprúnUnha intervención cirúrxica menor pero non prevista impedirá tamén a Costa-Gavras viaxar a Compostela para presidir a mesa de conmemoración do centenario do nacemento de Jorge Semprún no marco de Cineuropa. O director expresou ao equipo do festival a súa fonda tristeza por non poder participar neste acto de homenaxe a quen foi un amigo e compañeiro esencial na viaxe creativa.Finalmente será Carmen Claudín, outra das personalidades máis próximcas biográfica e politicamente a Jorge Semprún, quen presidirá a mesa de debate e conmemoración do centenario do seu nacemento, que se desenvolverá o próximo sábado 18 de novembro no CGAC.Alén dunha das protagonistas e testemuñas principais de As dúas memorias, a única película dirixida polo escritor, guionista e político, Carmen Claudín acompañou o seu pai Fernando Claudín e a Jorge Semprún na expulsión do Partido Comunista Español de 1964. Fernando Claudín pode considerarse o pai político de Semprún no PCE e, malia pertencer a unha xeración anterior –a do secretario xeral, Santiago Carrillo– formou con este unha dupla que provocou a maior crise histórica do PCE ao desafiar a liña do partido que confiaba nunha caída inminente do franquismo dende os anos 50.Carmen Claudín é investigadora sénior asociada de CIDOB (Barcelona Centre for International Affairs), ​​onde foi directora de investigación e directora adxunta durante varios anos. Ten un Mestrado en Filosofía pola Université de la Sorbonne Paris I, onde tamén cursou un posgrao en Historia, especializado en historia rusa e soviética. O seu libro, Lénine et la révolution culturelle (La Haye: Mouton, 1975) foi traducido ao inglés e ao español. Viaxou extensamente por toda a rexión post-soviética e foi observadora electoral da OSCE en Taxikistán, Rusia, Bielorrusia e Ucraína. Forma parte do padroado do Migration Policy Group, Bruxelas. É tamén integrante do Consello Asesor da Oficina Rexional de Cooperación e Paz en Europa (ROCPE) con sede en Viena e do Grupo de Estratexia UE-Rusia, convocado polo European Council on Foreign Relations (ECFR).A mesa de debate sobre a figura vital, política e creativa de Jorge Semprún, como escritor de máis de 20 novelas e 14 guións de cinema dous deles candidatos ao Óscar, completarase coa presenza do historiador e escritor cinematográfico José Manuel Sande e do director de Cineuropa, Jose Luis Losa.

Leer más:   A Xunta de Goberno adxudica o contrato das obras de execución do proxecto "Centro Integral Para la Inclusión Social" (CIPIS) por máis de 800.000 euros

- Te recomendamos -
Artículo anterior34 millones de ganancias para Factorenergia en 2022 con ventas de 915 millones de euros, un incremento del 43%
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 14 de noviembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.