Inicio Últimas Noticias O Foro Talentia avalía as potencialidades da intelixencia artificial, reivindica o talento...

O Foro Talentia avalía as potencialidades da intelixencia artificial, reivindica o talento local e pón o foco na conciliación

EMPREGO
O Foro Talentia avalía as potencialidades da intelixencia artificial, reivindica o talento local e pón o foco na conciliación

10/11/2023 Coñecer as vantaxes da intelixencia artificial e descubrir como vai influir nos traballos do futuro; reflexionar sobre novos modelos económicos e sobre a retención do talento; e reivindicar políticas reais que faciliten a conciliación. Foron os obxectivos do Foro Talentia, que esta mañá xuntou a centos de persoas no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea. O encontro é a antesala da Feira do Emprego e do Talento, que se desenvolverá ao longo da próxima semana nun modelo híbrido que combina a feira virtual e un espazo presencial, o luns 13, no Palacio de Congresos.

A primeira tenenta de alcaldesa e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, abriu o Foro Talentia lembrando “o enorme potencial que tén Santiago no ámbito da innovación tecnolóxica, grazas a unha USC que ofrece ata 11 titulacións do ámbito das ciencias, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas, incluído un novo grao en Intelixencia Artificial; e que debe establecer sinerxias cun tecido produtivo vinculado ao sector tecnolóxico que dá emprego en Compostela a preto de 2.000 persoas”. A concelleira reiterou tamén que “non podemos limitar o talento á tecnoloxía, e por iso neste foro reivindicamos tamén outros modelos, máis vinculados á cultura e á creatividade”. Por último, María Rozas, reclamou “unha adaptación real do mundo laboral ás necesidades de conciliación, porque o contrario equivale a renunciar ao talento da metade a poboación, das mulleres”.A alcaldesa, Goretti Sanmartín, reivindicou “o empoderamento feminino para conseguir un traballo de calidade, rompendo a fenda de xénero no eido tecnolóxico que é de case 35 puntos, porque só no 14% das empresas tecnolóxicas traballan mulleres”. Por iso, apostou por “adoptar medidas que non exclúan ás mulleres dos empregos tecnolóxicos, por fomentar tamén a súa participación nas carreiras universitarias vinculadas a estes sectores”. A rexedora reivindicou “un modelo de traballo diferente, de calidade que repense o emprego na era da intelixencia artificial, pero tamén nun momento no que urxe apostar pola economía social e pola economía circular”. Para Goretti Sanmartín, “Santiago acepta estes desafíos, porque somos conscientes das nosas potencialidades grazas á nosa Universidade, grazas ao noso tecido produtivo, e ás propias características do noso municipio”. A alcaldesa expresou o seu desexo de camiñar cara un modelo “no que academos o pleno emprego, rematemos coa fendas de xénero, e incorporemos á mocidade ao mercado laboral en condicións dignas”.Na apertura do Foro Talentia participaron tamén o secretario xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta, Pablo Fernández; e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.Ponencias
A primeira conferencia da xornada correu a cargo de Alex Rayón, fundador e CEO de brainandcode.tech, que falará sobre “Intelixencia Artificial Xerativa, un mundo de posibilidades laborais”. Tras del, Susana Pascual, CEO en Pixelshub e divulgadora científica experta en disciplinas STEAM, ofreceu unha conferencia baixo o título “Construiíndo o teu futuro; falemos de liderado, STEAM e vocacións”. Santiago Domínguez, CEO e Cofundador de Mestrelab Research, falou sobre “Transformando unha economía rexional a través do emprendemento, a innovación, a dixitalización e as ciencias da vda. Con persoas, por persoas e para persoas”.A CEO de LiKaDI e creadora de SinGENEROdeDUDAS, Carmen Castro, reflexionou sobre se “Podemos alcanzar unha verdadeira conciliación laboral?”, e Tino Fernández, presidente executivo do grupo Altia e vicepresidente do Clúster TIC de Galicia, impartiu unha conferencia sobre “Tecnoloxía. A gran oportunidade”.O Foro Talentia continuou coas intervencións de Ignacio Ramos, director cooperativo de People Strategy an Infraestructres de GMV, sobre “Intelixencia Artificial xerativa, non destrutiva”; Anna Cabó, fundadora de LaGroc, en torno ás “Políticas de conciliación e retención do talento”; e Guillem García Brustenga, experto en transformación dixital da educación na UOC, cunha ponencia titulada “Máis alá da dixitalización: educación e emprego na era da IA”. A última conferencia da xornada correu a cargo de Isabel Pernas, vicepresidenta de Creativas Galas, que falará sobre “O impacto do talento creativo na economía circular”.Feira Talentia
A Feira virtual de Talentia Summit xa está tamén aberta ao público, e conta con máis de 25.000 usuarios e usuarias únicas na web talentiasummit.com. Desde ese portal pódese acceder a un amplo catálogo de actividades gratuítas, cunha gran oferta formativa. Nos cursos 100% on line para a súa realización por libre xa se esgotaron as máis de mil prazas dispoñibles, pero aínda se aceptan reservas para acceder á plataforma Linkedin Learning; para cursos en aula virtual con titor en directo; mentorías profesionais; ou cursos para a obtención de certificacións profesionais. A través da web tamén foron xa intermediados máis de 700 currículums, e fixéronse case 400 reservas de citas con empresas e para mentorías profesionais.O próximo luns, celebrarase a feria presencial do Talentia no Palacio de Congresos, con stands de diferentes empresas e unha ampla oferta formativa. En concreto, prevense 19 cursos cun total de máis de 300 prazas, a maioría deles ofertados en colaboración coa Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, e tamén da man de Creativas Galegas. Así, haberá talleres de comunicación, técnicas de venda, uso de apps para a procura de emprego, introdución á intelixencia artificial, paquetería creativa ou seguridade alimentaria.A oferta presencial complétase cun espazo para as mentorías, con 350 prazas.Toda a información e o catálogo completo de actividades dispoñibles está accesible na web talentiasummit.com

Leer más:   O alcalde agradécelle ao bombeiro Miguel Montero o seu traballo como voluntario en Turquía

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa Fundación PwC sube su inversión social un 35%, alcanzando más de 1,1 millones de euros en 2023
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 10 de noviembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.