Inicio Últimas Noticias O Concello oferta 210 prazas no programa Matinais de Nadal nos centros...

O Concello oferta 210 prazas no programa Matinais de Nadal nos centros socioculturais

CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Concello oferta 210 prazas no programa Matinais de Nadal nos centros socioculturais

09/11/2023 O próximo luns, 13 de novembro, abre o prazo de inscrición para os Matinais de Nadal nos centros socioculturais. O concelleiro, Xan Duro, presentou hoxe o programa, no que se ofertan 210 prazas en diferentes espazos municipais, tanto da zona urbana como do rural. Son 25 prazas máis que o ano pasado, grazas á incorporación do centro sociocultural de Bando.

O programa Matinais de Nadal desenvolverase os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro, e do 3 ao 5 de xaneiro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, con posibilidade de solicitar horario ampliado de 8.00 a 15.00 horas. O programa é de balde, e para inscribirse tan só é necesario estar empadronado no concello de Santiago e cumprir os criterios de idade establecidos para cada un dos centros socioculturais. Así, para nenos e nenas de 4 a 8 anos estarán dispoñibles os CSCs de Vite e Santa Marta, con 20 e 25 prazas respectivamente; no centro das Fontiñas poderanse inscribir nenos e nenas de 5 a 10 anos e haberá 20 prazas dispoñibles; e nos CSCS de Conxo, Pontepedriña e Castiñeiriño as actividades serán para crianzas de 5 a 12 anos, con 20, 15 e 10 prazas respectivamente. En canto á zona rural, poderanse inscribir nenos e nenas nacidos entre 2010 e 2017 nos centros de Marrozos, Figueiras, A Gracia e Bando, con 25 prazas dispoñibles en cada caso. O centro sociocultural de Bando incorpórase este ano como novidade ao programa.O programa Matinais de Nadal artículase ao redor de tres propostas lúdicas e educativas diferentes: “Un Nadal de Xogos”, na que os nenos e nenas descubrirán xogos tradicionais e populares de diferentes países (CSCs de Vite, Conxo, Marrozos, Bando e Figueiras); “Cada día un Nadal”, no que a cativada descubrirá como se celebra o Nadal en distintos lugares e culturas a través da gastronomía (CSCs de Fontiñas, Pontepedriña, Castiñeiriño e A Gracia), e “Pequenos artistas de Nadal”, que se centrará nas artes plásticas e escénicas para dar a coñecer personaxes vinculadas ao Nadal en todo o mundo.O prazo de inscrición nos Matinais de Nadal estará aberto do 13 ao 27 de novembro, e o trámite pode realizarse na sede electrónica do Concello ou entregando presencialmente a ficha de preinscrición. Se a demanda supera a oferta, realizarase un sorteo público o 4 de decembro ás 12.00 horas no CSC de Santa Marta. As listas de persoas admitidas e o prazo para a entrega de documentación estará aberto do 11 ao 19 de decembro e, no caso de quedar prazas vacantes, poderase abrir unha nova quenda de inscrición.

Leer más:   A activista Amelia Tiganus relata a súa experiencia na prostitución a alumnado de tres centros de ensino de Santiago de Compostela

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAtlantica logra ingresos de 858,6 millones y beneficios de 46,1 millones de dólares en los primeros tres cuartos del año
Artículo siguienteAmazon publica su esperado ‘Top 10’ de juguetes para las fiestas decembrinas
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.