Inicio Últimas Noticias Bota a andar Talentia 2023 cun Foro para reflexionar sobre innovación tecnolóxica,...

Bota a andar Talentia 2023 cun Foro para reflexionar sobre innovación tecnolóxica, conciliación e talento local

EMPREGO
Bota a andar Talentia 2023 cun Foro para reflexionar sobre innovación tecnolóxica, conciliación e talento local

09/11/2023 O auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea acolle mañá, ás 10.00 horas, o Foro inaugural de Talentia Summit, que este ano leva por lema “Coñeces o traballo do futuro?”. O evento contará coa participación de destacados expertos e expertas en innovación tecnolóxica e intelixencia artificial, políticas de conciliación e talento local. A nota musical da xornada poráa o grupo Eladio y los Seres Queridos.

A apertura do Foro Talentia correrá a cargo da primeira tenenta de alcaldesa e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas; o secretario xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta, Pablo Fernández; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín. As súas intervencións darán paso ás conferencias de nove destacados ponentes, que reflexionarán sobre os cambios que supón a intelixencia artificial no mercado laboral, os novos modelos para o desenvolvemento do talento local, ou os restos das políticas de conciliación. O foro estará conducido pola xornalista Ainhoa Apestegui.PonenciasA primeira conferencia da xornada correrá a cargo de Alex Rayón, fundador e CEO de brainandcode.tech, que falará sobre “Intelixencia Artificial Xerativa, un mundo de posibilidades laborais”. Tras del, Susana Pascual, CEO en Pixelshub e divulgadora científica experta en disciplinas STEAM, ofrecerá unha conferencia baixo o título “Construiíndo o teu futuro; falemos de liderado, STEAM e vocacións”. Santiago Domínguez, CEO e Cofundador de Mestrelab Research, tén prevista unha ponencia titulada “Transformando unha economía rexional a través do emprendemento, a innovación, a dixitalización e as ciencias da vda. Con persoas, por persoas e para persoas”.A CEO de LiKaDI e creadora de SinGENEROdeDUDAS, Carmen Castro, reflexionará sobre se “Podemos alcanzar unha verdadeira conciliación laboral?”, e Tino Fernández, presidente executivo do grupo Altia e vicepresidente do Clúster TIC de Galicia, falará sobre “Tecnoloxía. A gran oportunidade”.O Foro Talentia continuará coas intervencións de Ignacio Ramos, director cooperativo de People Strategy an Infraestructres de GMV, sobre “Intelixencia Artificial xerativa, non destrutiva”; Anna Cabó, fundadora de LaGroc, en torno ás “Políticas de conciliación e retención do talento”; e Guillem García Brustenga, experto en transformación dixital da educación na UOC, cunha ponencia titulada “Máis alá da dixitalización: educación e emprego na era da IA”. A última conferencia da xornada correrá a cargo de Isabel Pernas, vicepresidenta de Creativas Galas, que falará sobre “O impacto do talento creativo na economía circular”.Feira TalentiaA Feira virtual de Talentia Summit xa está tamén aberta ao público, e conta con máis de 25.000 usuarios e usuarias únicas na web talentiasummit.com. Desde ese portal pódese acceder a un amplo catálogo de actividades gratuítas, cunha gran oferta formativa. Nos cursos 100% on line para a súa realización por libre xa se esgotaron as máis de mil prazas dispoñibles, pero aínda se aceptan reservas para acceder á plataforma Linkedin Learning; para cursos en aula virtual con titor en directo; mentorías profesionais; ou cursos para a obtención de certificacións profesionais. A través da web tamén foron xa intermediados máis de 700 currículums, e fixéronse case 400 reservas de citas con empresas e para mentorías profesionais.O próximo luns, celebrarase a feria presencial do Talentia no Palacio de Congresos, con stands de diferentes empresas e unha ampla oferta formativa. En concreto, prevense 19 cursos cun total de máis de 300 prazas, a maioría deles ofertados en colaboración coa Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, e tamén da man de Creativas Galegas. Así, haberá talleres de comunicación, técnicas de venda, uso de apps para a procura de emprego, introdución á intelixencia artificial, paquetería creativa ou seguridade alimentaria.A oferta presencial complétase cun espazo para as mentorías, con 350 prazas.Toda a información e o catálogo completo de actividades dispoñibles está accesible na web talentiasummit.com

Leer más:   O Consorcio de Santiago celebra o Día das Letras Galegas coa entrega de publicacións a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido este mércores

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAtlantica logra ingresos de 858,6 millones y beneficios de 46,1 millones de dólares en los primeros tres cuartos del año
Artículo siguienteAmazon publica su esperado ‘Top 10’ de juguetes para las fiestas decembrinas
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.