Inicio Últimas Noticias A 37ª edición de Cineuropa arranca coa proxección de ‘Puan’

A 37ª edición de Cineuropa arranca coa proxección de ‘Puan’

CAPITAL CULTURAL
A 37ª edición de Cineuropa arranca coa proxección de ‘Puan’

09/11/2023 Do 9 ao 25 de novembro, o certame leva ás salas de Compostela 115 filmes e numerosas actividades paralelas, con concertos e proxeccións especiais, mesas redondas e obradoiros arredor do cinema. Os premios Cineuropa distinguen en 2023 as traxectorias do actor Luis Zahera, do director portugués João Canijo e da actriz Ana Torrent

A 37ª edición do Festival Internacional Cineuropa abriu as súas portas este xoves coa proxección da comedia arxentina Puan, codirixida por María Alché e Benjamín Naishtat. A alcaldesa de Santiago Goretti Sanmartín e o director do festival José Luis Losa deron a benvida ao público do festival na gala inaugural desta edición que pon o foco no poder subversivo da comedia e que levará ás pantallas da cidade 115 filmes e numerosas actividades paralelas, con concertos e proxeccións especiais, mesas redondas e obradoiros arredor do cinema.Puan, protagonizada por Leonardo Sbaraglia e Marcelo Subiotto, tivo a súa primicia na sección oficial do último Festival de San Sebastián, onde recolleu os premios do xurado ao mellor guión e á mellor interpretación protagonista para Subiotto. Na presentación do filme, a alcaldesa Goretti Sanmartín incidiu precisamente no humor reflexivo da película: “chéganos dende a outra beira do Atlántico un filme que bota man dese recurso infindo que na Galiza coñecemos tan ben, que practicamos acotío e do que temos abondosas mestras e mestres: o humor como revulsivo e como resistencia, como defensa e como crítica, como lóxica que atravesa tempos, discursos e formatos nun ronsel que conecta a Castelao con Chano Piñero, con Maruja Mayo e con Alaolado e que nos volve de novo a nós”O director do festival, José Luis Losa aludiu tamén ao pouso crítico do filme: “Esta noite veremos unha película arxentina, unha comedia chea de humor, cun profesor de filosofía maltratado coma un bufón e unha obra que, con todo, baixo esa capa de comicidade, nos está a falar desta axenda anticultural da motoserra dos lideres populistas. Puan cóntanos, entre gags xeniais, como unha sociedade pode verse ameazada pola crispación, o ruído, a polarización social extrema. O que en Arxentina chaman a “grieta”. E desa fenda abrollan os monstros”.O filme presenta, en ton de humor, e con gags de comedia screwball, a loita de poder entre dous docentes de filosofía que se disputan unha cátedra que quedou vacante. Por unha banda, Marcelo, leva toda a vida ensinando na Universidade de Bos Aires, e asume que tras a súbita morte do seu mentor vai ser el quen herde o seu lugar. Fronte a el está Rafael Sujarchuk, un colega que impartiu clase durante anos en universidades europeas e que, no contexto arxentino, está colocado nun pedestal de superioridade só pola sua experienciano estranxeiro. A rivalidade entre os dous docentes medrará mentres as súas vidas e o país entran nunha espiral de caos.Apoios e colaboraciónsCineuropa é un festival organizado polo Concello de Santiago coa colaboración do Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña. Na súa 37ª edición conta tamén co apoio da Xunta de Galicia, o Consulado da República Arxentina en Vigo ou o Instituto Camões, e co patrocinio de empresas como Yáñez, Paco e Lola, Unicla, Martín Códax e Cafés Candelas.Sedes do festival e información prácticaO Teatro Principal, o Salón Teatro, o Auditorio de Galicia, NUMAX, Multicines Compostela, o CGAC e a Zona C abeirarán as proxeccións e actividades desta edición. As entradas e bonos están á venda no despacho de billetes da Zona C e na web compostelacultura.gal

Leer más:   Os Reis Magos volveron ás rúas de Compostela para saudar a milleiros de nenos e nenas

- Te recomendamos -
Artículo anteriorAtlantica logra ingresos de 858,6 millones y beneficios de 46,1 millones de dólares en los primeros tres cuartos del año
Artículo siguienteAmazon publica su esperado ‘Top 10’ de juguetes para las fiestas decembrinas
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.