Inicio Últimas Noticias As Xornadas de Ilustración Urbana volven ao Auditorio de Galicia ao abeiro...

As Xornadas de Ilustración Urbana volven ao Auditorio de Galicia ao abeiro do programa Compostela Ilustrada

CAPITAL CULTURAL
As Xornadas de Ilustración Urbana volven ao Auditorio de Galicia ao abeiro do programa Compostela Ilustrada

08/11/2023 Do 9 ao 12 de novembro, o 6º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela ilustrada reúne en Santiago debuxantes e artistas da ilustración nun intenso programa de obradoiros e clases maxistrais. Nese contexto, as Xornadas de Ilustración Urbana arrancan o venres 10 dúas tardes consecutivas de faladoiros con profesionais do eido para achegar á cidadanía o seu proceso creativo.

A Sala Mozart do Auditorio de Galicia acollerá dende o venres 10 ás 16.00 horas unha nova edición das Xornadas de Ilustración Urbana, un programa de conferencias de acceso de balde da man de artistas do debuxo e a ilustración que se desenvolve no marco do 6ª Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela ilustrada.A Concelleira de Capital Cultural Míriam Louzao presentou esta mañá a programación nunha rolda de prensa na que tamén participou a coordinadora das xornadas Gemma Sesar. Louzao puxo en valor “este espazo de conversa que nos permitirá descubrir a maneira na que as e os artistas participantes enfrontan o seu desenvolver creativo e reparar na forza que o debuxo de caderno gañou nestes últimos anos e seu converteu, para moitas persoas, nun traballo que vai máis aló da afección”.Gemma Sesar agradeceu ao Concello e a Deputación da Coruña o apoio a este encontro internacional de debuxantes “único na Península Ibérica e que é o segundo en importancia na contorna europea só despois de Clemond-Ferrand”. Sesar valorou como “un éxito rotundo” que as cen prazas dispoñibles para as actividades de Compostela Ilustrada dirixidas a artistas se esgotasen en apenas quince días e destacou a repercusión que o traballo destes profesionais ten na composición da imaxe internacional da cidade.No marco deste encontro e baixo o lema ‘Un modo de vivir’ as Xornadas de Ilustración Urbana 2023 programan sete intervencións que se desenvolverán nas tardes do venres 10 e do sábado 11 con acceso de balde para toda a cidadanía. A pintora francesa Marion Rivolier será a encargada de abrir esta serie de conferencias cunha sesión que incluirá estrea en España de Frontière(s), unha curtametraxe que rexistrou o ciclo de obradoiros que o colectivo Urban sketchers de París desenvolveu no centro carcelario de Santé. A seguir, o ilustrador Federico Granell afondará na residencia artística que realizou en Siracusa e Lanzarote e o debuxante portugués Paulo J. Mendes explicará como a súa vida mudou a través do debuxo. O sábado será quenda para as intervencións da británica Lis Watkins que, alén de falar da importancia do debuxo na súa evolución, profundará no seu traballo enfocado en parques urbanos; e do artista Tazab, que compartirá as súas vivencias na residencia artística que realizou nas Illas Cíes. Nesa mesma tarde, o ilustrador catalán Lluïsot trasladará ao público a súa experiencia como debuxante caricaturesco e a deseñadora galega e muralista Iria Prol afondará tamén no seu proceso de traballo. No transcurso das dúas xornadas, Prol será a artista encargada de elaborar en directo un mural de 2×2 metros no corredor do Auditorio arredor da figura e a obra de Luisa Villalta.Compostela IlustradaAdemais das Xornadas de Ilustración Urbana, abertas á cidadanía compostelá, o sexto Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada ofrece do 9 ao 12 de novembro actividades específicas para un cento de ilustradoras e ilustradores que esgotaron en xullo as prazas dispoñibles en 2023. Da man mestras e mestres como Marion Rivolier, Tazab, Lis Watkins, Lluïsot, Federico Granell, Paulo J. Mendes, Mónica Urrutia, Oniel Rodríguez, Montsino e Iria Prol, asistirán a obradoiros, clases maxistrais e sesión de debuxo en distintos puntos da cidade.

Leer más:   FOTO | Adiós a un mito nocturno: cierran y precintan la discoteca Vanitas, la antigua Apolo

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorOrganizan abastecimiento de fármacos como medida contra emergencias de salud
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 8 de noviembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.