Inicio Últimas Noticias Aberto o prazo para participar no programa de conciliación de Nadal VacaLudos...

Aberto o prazo para participar no programa de conciliación de Nadal VacaLudos no Espazo María Miramontes

EDUCACIÓN
Aberto o prazo para participar no programa de conciliación de Nadal VacaLudos no Espazo María Miramontes

31/10/2023 Ata o 8 de novembro estará aberto o período de solicitude de praza nas actividades do programa de conciliación de Nadal VacaLudos que se desenvolverá no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes (Ludoteca das Fontiñas) entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro. Tamén abre hoxe o prazo de solicitude para participar no programa de conciliación nos CEIP Quiroga Palacios e Monte dos Postes durante o período de Nadal.

O programa VacaLudos ofrece un total de 73 prazas, dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos empadroados/as ou que estean matriculados/as nun centro de ensino no municipio de Santiago.O programa divídese en dúas quendas: a primeira, o 22, 26, 27 28 e 29 de decembro; e a segunda cubrirá o 2, 3, 4 e o 5 de decembro, ambas en horario de 07:45 a 15:00 horas. As persoas usuarias poderán solicitar desde hoxe e ata o día 8 de novembro, as quendas que sexan do seu interese por orde de prioridade. O centro publicará a listaxe de admitidos e admitidas por quenda o vindeiro 22 de novembro.As actividades son de balde e ao procedemento de solicitude e os criterios de prioridade para a asignación de prazas de matrícula farase segundo as indicacións recollidas no documento ao pé desta información.Ubicado na rúa Fontes do Sar, o Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes ou Ludoteca das Fontiñas, conta cunha superficie total construída de 1.080,50m2 e unha superficie útil de 730,63 m2, dividida en dúas plantas. Ten unha finalidade lúdica, socioeducativa, cívica, cultural e inclusiva, cun proxecto cuxo obxectivo principal é garantir o dereito dos nenos e nenas ao xogo e a colaborar, así, no desenvolvemento integral da persoa, polo que está equipado cun fondo organizado de xogos, xoguetes, libros e outros elementos lúdicos adecuados á súa idade. Inclúen espazos psicomotrices, áreas de xogo simbólicas e tamén xogos multimedia.Programa de conciliación de Nadal nos CEIPHoxe, 31 de outubro, tamén arranca o período de presentación de solicitudes para participar no Programa municipal de conciliación de Nadal nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes, cuxo prazo estenderase ata o xoves 9 de novembro.Este programa, dirixido á cativada escolarizada en educación infantil e primaria do municipio de Santiago, desenvolverase entre o 22 e o 29 de decembro e entre o 2 e o 5 de xaneiro. As familias interesadas poderán solicitar as dúas quendas ou unha delas coas diferentes modalidades e servizos. Así, o horario será de 9 a 14 horas e ofrécese a posibilidade de que as familias poidan solicitar un servizo de madrugadores con almorzo (de 7.45 a 9 horas) e un servizo de comedor (de 14 a 16 horas).En total, o Concello de Santiago ofrece 95 prazas entre os dous centros, das que 12 estarán reservadas para nenos e nenas con informe do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Santiago que terán carácter de acceso prioritario ao programa. Asemade, ofértanse 50 prazas para o servizo de comedor e 30 para o de madrugadores.Os prezos completos (con almorzo, xantar e actividades) para os nove días é de 99 euros. Se a nena ou neno vai só á primeira quenda, a de decembro, a tarifa é de 55,50 euros; e de 43,50 euros para a quenda do mes de xaneiro. Co obxecto de favorecer a participación das persoas usuarias con escasos recursos, establécense unhas reducións do 50 e do 100% dos prezos ordinarios.

Leer más:   Retransmisión da rolda do luns 19 de decembro

Documentos relacionados

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorTeam B de la America’s Cup: Mirando hacia una composición global en el Barcelona International Community Day
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 31 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.