Inicio Últimas Noticias Galeras convértese no primeiro “parque sen fume” da cidade

Galeras convértese no primeiro “parque sen fume” da cidade

UMAD
Galeras convértese no primeiro “parque sen fume” da cidade

30/10/2023 O Concello de Santiago adhírese á iniciativa “Parque sen fume”, declarando o parque de Galeras como o primeiro espazo verde libre de fume da capital de Galicia a partir de mañá, 31 de outubro, con motivo do Día Galego sen tabaco. Esta declaración foi presentada esta mañá no Pazo de Raxoi pola concelleira responsable da Unidad Municipal de Drogodependencias (UMAD), Pilar Lueiro, acompañada polo técnico e coordinador da UMAD, Jorge Carballido, e o presidente da xunta local da Asociación Española contra o Cancro, Francisco Pais.

Con motivo do Día Galego Sen Tabaco, a partir de mañá, martes 31 de outubro, o parque de Galeras convertirase no primeiro “parque sen fume” de Compostela, adheríndose así á rede impulsada pola Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia, coa que se prentende concienciar sobre os efectos do tabaco, incluso ao aire libre.A concelleira Pilar Lueiro destacou que “será o primeiro parque compostelán que pase a formar parte da rede galega de parques en fume, unha iniciativa que implica espazos de todo o país e que está coordinada pola Dirección Xeral de Saúde Pública”.Con esta declaración quedará prohibido fumar no espazo que ocupa o parque de Galeras, co obxectivo de que se converta nun espazo “ao que poida acudir a cidadanía que queira gozar de espazos de lecer ao aire libre libres de tabaco”, para o que se instalará unha sinalización específica sobre a prohibición de fumar, “mais non vai existir vixilancia, nin sanción”, explicou a edila.Pilar Luiero lembrou que o obxectivo de declarar parques sen fume vai en liña coas medidas recomendadas pola OMS para o control do tabaquismo, “xa que o consumo de tabaco é a primeira causa de mortalidade evitable”, e compartiu varias cifras a nivel rexional como que “o 17% da poboación galega fuma diariamente” ou “o 22,2% dos mozos e o 17,6% das mozas galegas de 16-24 años son fumadores”. “Lograr que estas cifras baixen nos próximos anos e diminuír tamén o número de persoas que comecen a fumar, é un obxectivo prioritario”, concluíu a concelleira.

Leer más:   Rematada a obra de pavimentación do lugar de Coira, Laraño

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 29 de octubre de 2023
Artículo siguienteÚLTIMA HORA | Tragedia en A Coruña: encapuchados matan de un disparo a un portero de discoteca
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.