Inicio Últimas Noticias Máis de 1.300 veciños e veciñas achegáronse á cultura maker grazas ao...

Máis de 1.300 veciños e veciñas achegáronse á cultura maker grazas ao programa “Faino Ti”

PROMOCIÓN ECONÓMICA
Máis de 1.300 veciños e veciñas achegáronse á cultura maker grazas ao programa “Faino Ti”

28/10/2023 A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou hoxe o programa “Faino Ti”, co que o Concello quería achegar o movemento maker, as TIC e a cicencia ao conxunto da veciñanza. O programa, financiado con fondos europeos da EDUSI, chegou a máis de 1.300 persoas, que ben participaron nas actividades formativas da Academia Maker ou ben visitaron o Laboratorio de Fabricación Dixital Móbil que percorreu os barrios de Compostela.

O Centro Xove da Almáciga acolleu hoxe o acto de clausura da Academia Maker, unha das actividades enmarcadas no proxecto “Faino Ti”, que a concellería de Promoción Económica puxo en marcha dentro da EDUSI, en colaboración co departamento de Centros Socioculturais. No acto, María Rozas salientou o éxito desta iniciativa “tanto polo número de persoas participantes, como pola calidade dos contidos impartidos”. A concelleira destacou a vontade do Concello “de darlle estabilidade ás propostas relacionadas cos makers, aproveitando a maquinaria e a tecnoloxía utilizadas neste programa e que son propiedade municipal”.Na clausura da Academia Maker presentáronse algúns dos proxectos desenvolvidos durante o programa, que van desde un dispensador de comida para mascotas a unha gaita electrónica, pasando por un ladrillo termo illante ou un protector de pantalla universal.Na Academia MAker impartíronse máis de 140 horas de formación, e houbo un total de 675 persoas inscritas. Ademais, o Laboratorio de Fabricación Dixital Móbil que percorreu a cidade nos últimos meses recibiu a visita de 674 persoas, e a web do proxecto contabilizou case un milleiro de usuarios únicos, que fixeron máis de 2.600 visitas á páxina.O proxecto “Faino Ti” encádrase no programa “Colabora e Innova no teu Barrio”, dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado-EDUSI Revive Santiago, financiada nun 80% polo Programa Operativo de Crecemento Sostible FEDER 2014-2021. O orzamento do programa supera os 200.000 euros.

Leer más:   A Xunta de Goberno adxudica as actividades de teatro dos centros socioculturais a Talía Teatro por preto de 85.000 euros

- Te recomendamos -
Artículo anteriorPilar González triunfa en la décima edición del Premio Literario Amazon Storyteller con su obra ‘Palabras de ceniza’
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 28 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.