Inicio Últimas Noticias A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago aproba o encargo a Tragsa...

A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago aproba o encargo a Tragsa da obra de substitución da cuberta do Pazo de Congresos

CONSORCIO
A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago aproba o encargo a Tragsa da obra de substitución da cuberta do Pazo de Congresos

27/10/2023 Está previsto que as obras comecen o 1 de xaneiro de 2024 e terán un prazo de execución de nove meses.

A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago reuniuse este venres para aprobar, entre outros asuntos, o encargo á empresa Tragsa da obra de substitución da cuberta do Pazo de Congresos compostelán por un importe de 2.715.380,40€.Encabezada pola alcaldesa da cidade e presidenta do Consorcio, Goretti Sanmartín, na xuntanza participaron os representantes das outras dúas administracións que conforman o Consorcio de Santiago: pola Administración Xeral do Estado estivo Ángel Esteban Paúl, inspector xeral do Ministerio de Facenda e Función Pública, e pola Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, Director Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.Ademais, tamén asistiron os representantes dos diferentes grupos municipais, así como o secretario e o interventor do Consorcio.Substitución da cubertaEstas obras, que centraron a reunión, buscarán substituír a cuberta do Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, xa que sofre diversas filtracións de auga que afectan a todo o edificio. Está previsto que comecen o vindeiro 1 de xaneiro de 2024 e teñan un prazo de execución de nove meses.Este contrato tramítase por vía de urxencia tras dúas licitacións. Na primeira delas resolveuse o contrato debido ao encarecemento dos materiais agravado pola situación da guerra de Ucraína, e a segunda, despois dun incremento de máis de medio millón de euros, quedou deserta tras non recibirse ningunha proposta.

Leer más:   A Policía Local amplía as súas charlas sobre lecer nocturno ao CSC do Ensanche

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLas canteras de LALIGA, las favoritas según el informe CIES
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 27 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.