PLENO
Retransmisión do Pleno ordinario do 26 de outubro
26/10/2023 10.00 hPleno ordinarioNa Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2023/00045137S.Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.2. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00044284J.Aprobación de expediente de crédito extraordinario baixo a codificación 2023- CREXT-08, de importe 142.152,61 , para atender diversas actuacións urxentes a realizar polo departamento municipal de Parques e Xardíns, financiado con baixas por anulación.3. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023-REC-11.Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos para aprobar unha parte dos gastos rexistrados na conta 413 por importe total de 6.510,78 euros, coa codificación 2023-REC-11.4. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023-REC-12.Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para aprobar gastos rexistrados na conta 413, por importe total de 310.291,48 euros, coa codificación 2023-REC-12.5. CULTURA E FESTAS. Referencia: REPARO/CX/29/F/2023/3275.Proposta de levantamento de reparo suspensivo sobre a factura F/2023/3275.6. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a mellora da mobilidade e o estacionamento no colexio Pío XII.7. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a elaboración dun plan de acción contra o ruido derivado do ocio nocturno.8. Proposición presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre as solucións de aparcamento na contorna do CHUS.9. Tomar coñecemento de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.10. Solicitude de comparecencia presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre o futuro da casa da Xuventude.11. Rogos, preguntas e interpelacións.Rogos:1.- Formulado polo PSdeG-PSOE relativo a conxestión do transporte público na rúa Monte dos Postes.2.- Formulado polo PSdeG-PSOE relativo ao multi xogo nadal 2023.3.- Formulado polo PSdeG-PSOE relativo ás obras de accesibilidade do paso de peóns na rúa Loureiros.Preguntas orais:1.- Formulada polo PP en relación ao inmoble situado na rúa Sánchez Freire, 124.2.- Formulada polo PP sobre o grao de cumprimento do contrato de recollida de lixo.3.- Formulada polo PP sobre transferencia de crédito.4.- Formulada polo PSdeG-PSOE sobre o plan de inspección de locais de ocio nocturno.5.- Formulada polo PSdeG-PSOE sobre os turnos e horarios do servizo de taxi.Preguntas resposta escrita:1.- Formulada polo PP en relación ao radar SC-20 Conxo.2.- Formulada polo PP sobre a distribución de uso das instalacións deportivas.3.- Formulada polo PP sobre chamadas recibidas na Policía sobre incidentes, molestias ou ruidos na Sala Malatesta entre 1 de xaneiro de 2019 ao 9 de outubro de 2023.4.- Formulada polo PP sobre expedientes de disciplina se abriron contra a Sala Malatesta entre o 1 de xaneiro de 2019 ao 9 de outubro de 2023.Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:1.- Presentada polo PP para a adhesión ao programa xantar na casa.2.- Presentada polo PP para que o concello xestione a adquisición ou comodato do cadro da Procesión de Castelao.3.- Presentada polo PP para apoiar o comercio e fomentar as compras na campaña de nadal.4.- Presentada polo PP para a mellora da accesibilidade, limpeza e aparcamento no barrio da Almáciga.5.- Presentada polo PSdeG-PSOE relativa á eliminación de prazas de aparcamento en Sar pola execución da senda peonil e ciclista Milladoiro-Santiago.6.- Presentada polo PSdeG-PSOE sobre o quiosco do Cantón do Toural.7.- Presentada polo PSdeG-PSOE para elaborar o I Plan de igualdade na administración local.8.- Presentada por CA e o BNG para denunciar a guerra de Israel contra a Franxa de Gaza.9.- Presentada por CA e o BNG de apoio ao levantamento do bloqueo económico, comercial e financeiro imposto por Estados Unidos contra Cuba.10.- Presentada por CA e o BNG de apoio a dignificación dos/as profesionais da avogacía e a procura en relación coa quenda de oficio, dereitos laborais básicos e xubilacións.
Direccións relacionadas
- Te recomendamos -