Inicio Últimas Noticias Os obradoiros de prevención da adicción ao xogo da Concellaría de Xuventude...

Os obradoiros de prevención da adicción ao xogo da Concellaría de Xuventude chegarán a 1.300 alumnos e alumnas este curso

XUVENTUDE
Os obradoiros de prevención da adicción ao xogo da Concellaría de Xuventude chegarán a 1.300 alumnos e alumnas este curso

26/10/2023 Uns 1.300 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO participarán ao longo deste curso nos Obradoiros de prevención da adicción ao xogo, que tén en marcha a Concellaría de Xuventude nos institutos de Santiago. Ao longo deste primeiro trimestre están previstas 27 intervencións, que chegarán a un total de 650 adolescentes. O obxectivo deste programa, tal e como explica a concelleira María Rozas, é “sensibilizar á mocidade dos riscos dos xogos de azar e prever comportamentos aditivos relacionados co xogo”.

O 29 de outubro celébrase o Día sen xogos de azar, “unha data para lembrar que a adicción ao xogo é un problema que está adquirindo maior envergadura e que tén un impacto moi negativo no desenvolvemento persoal e social da mocidade”. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, explicou que “os datos advirten do aumento progresivo dos mozos e mozas que teñen experiencias co xogo”. Ainda que en moitos casos sexa sen apostas monetarias, “este tipo de xogo serve de gancho para a mocidade e crea hábitos prexudiciais que poden derivar na adicción ao xogo de apostas”.Obradoiros nos centros educativosPara previr estas conductas, a Concellaría de Xuventude tén en marcha un programa de obradoiros preventivos de adicción ao xogo dirixidos ao alumnado de 3º e 4º da ESO, e que se desenvolven en sesións de dúas ou tres horas de duración. As previsións do departamento de María Rozas é que neste primeiro trimestre do curso a actividade chegue a 650 alumnos e alumnas dos IES de Santiago, e que ao rematar o curso sexan ao redor de 1.300 os participantes no programa.Os centros interesados en sumarse á iniciativa poden inscribirse dirixíndose ao concellaría de Xuventude, a través do mail dptoxuventude@santiagodecompostela.gal.Ademáis, en torno á conmemoración do Día sen xogos de azar estáse a traballar nunha actividade para a creación de lemas relacionados coa ludopatía e na redacción dun manifesto contra este tipo de xogos. Nesta iniciativa participan os IES Rosalía de Castro, Xelmírez II, Pontepedriña, Antón Fraguas, As Fontiñas, Sar, Eduardo Pondal e Lamas de Abade.

Leer más:   A SELIC leva o protagonismo do papel ao directo

- Te recomendamos -
Artículo anteriorReconocimiento a la Fundación Jiménez Díaz como ‘Gran Hospital de referencia regional y nacional’ en el Premio Top 20
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 26 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.