Inicio Últimas Noticias O Concello habilitará espazos “Bico e Vai” na contorna do Pío XII...

O Concello habilitará espazos “Bico e Vai” na contorna do Pío XII con máis de 30 prazas para paradas de curta duración

MOBILIDADE E CONVIVENCIA
O Concello habilitará espazos “Bico e Vai” na contorna do Pío XII con máis de 30 prazas para paradas de curta duración

24/10/2023 O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais explicou hoxe a proposta para a ordenación do aparcamento na contorna do CEIP Pío XII, co establecemento dos espazos “Bico e Vai” pensados para paradas de curta duración nos horarios de entrada e saída das aulas. O Concello habilitará unha trintena de prazas entre a avenida das Burgas, a avenida de Compostela e Poza de Bar, prazas que tal e como indicou Xan Duro, “deben ser usadas de maneira rotatoria polas familias”.

As prazas de parada nestes espazos “Bico e Vai” repartiránse entre a rúa da Poza do Bar, a avenida das Burgas, e a avenida de Compostela. Neste último caso, vaise inhabilitar un carril de circulación para pintar as prazas de estacionamento, “que só poderán ser utilizadas nos horarios de entrada e saída das aulas e por poucos minutos”. O concelleiro de Mobilidade insistiu en que “o obxectivo é ordenar o tráfico e mellorar a seguridade, cunha actuación que é complementaria á posibilidade de que as familias utilicen o aparcamento de Galeras de balde por un tempo de 25 minutos cando se precisen paradas máis longas”. Xan Duro insistiu en que “o espazo é limitado, as necesidades de aparcamento son moitas, e é preciso que todas as partes se impliquen para utilizar os recursos dispoñibles coa máxima responsabilidade”.A nova ordenación do aparcamento na contorna do CEIP Pío XII require a instalación de sinaléctica e labores de pintado, que se executarán cando o permitan as condicións meteorolóxicas.

Leer más:   O Pleno habilita 1,8 millóns de euros para facer fronte á parte final do proxecto Smartiago

- Te recomendamos -
Artículo anteriorProyecto social de La Fageda en el centro de atención en las XXI Jornadas del Modelo Fageda
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 24 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.