Inicio Últimas Noticias A Rede de Centros Socioculturais encherase de maxia na segunda edición de...

A Rede de Centros Socioculturais encherase de maxia na segunda edición de “Abracastaña”

CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rede de Centros Socioculturais encherase de maxia na segunda edición de “Abracastaña”

24/10/2023 A Rede de Centros Socioculturais volverá encherse de maxia do 31 de outubro ao 25 de novembro, na segunda edición do programa “Abracastaña”. O concelleiro Xan Duro presentou hoxe a actividade, acompañado de Sandra Quintana, responsable do programa de artes escénicas e musicais da rede de centros, e do mago Romarís, un dos protagonistas desta edición.

Xan Duro explicou que o obxectivo desta actividade é “achegar o mundo da maxia a todos os públicos, e consolidar a presenza desta disciplina nas propostas da rede de centros sociocultuais”. O concelleiro salientou que “é evidente que o ilusionismo esperta sempre o interese do público infantil pero tamén do adulto, e cada evento que se celebra acada sempre un enorme éxito e asistencia”. Na primeira edición, o ano pasado, foron 915 as persoas que asistiron ás diferentes actuacións do programa “Abracastaña”. Pola súa banda, o Mago Romarís incidiu en que este programa “ten a gran vantaxe da proximidade do público, que permite establecer diálogos que non se dan noutros formatos máis amplos”, e explicou que o ano pasado “foron moitas as persoas que acabaron percorrendo todas as actuacións, polos diferentes centros socioculturais”.Nesta segunda edicion, o “Abracastaña” comenzará o 31 de outubro no centro sociocultural da Peregrina, coa actuación do mago Romarís, e percorrerá 15 centros tanto da zona urbana como do rural, para rematar o 25 de novembro no Romaño co mago Richard. Na programación participarán cinco magos: Romarís, Cayetano Lledó, Joshua Kenneth, Cali e Richard, que visitarán os centros da Peregrina, Fontiñas, Maruxa e Coralia, Marrozos, Santa Marta, Amio, Ensanche, A Gracia, Vite, Casa Agraria, Castiñeiriño, Conxo, Pontepedriña, Busto e O Romaño.

Leer más:   O novo parque da praza de León abrirá ao público mañá, xoves 12 de outubro

- Te recomendamos -
Artículo anteriorProyecto social de La Fageda en el centro de atención en las XXI Jornadas del Modelo Fageda
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 24 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.