Inicio Últimas Noticias Os Bonos Corazón regresan en novembro cun orzamento superior aos 400.000 euros

Os Bonos Corazón regresan en novembro cun orzamento superior aos 400.000 euros

COMERCIO
Os Bonos Corazón regresan en novembro cun orzamento superior aos 400.000 euros

23/10/2023 A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, anunciou hoxe que no próximo mes de novembro estarán dipoñibles os Bonos Corazón, o programa co que o Concello de Santiago quere incentivar o consumo no comercio e na hostalería local. Foi despois de que a Xunta de Goberno aprobara esta mañá a convocatoria do procedemento para seleccionar á entidade colaboradora na entrega e distribución destas axudas. A elas, o Goberno vai destinar un orzamento total de 433.000 euros.

Os Bonos Corazón, que naceron co obxectivo de paliar os efectos económicos da crise da Covid-19, terán unha nova edición neste ano 2023 “para seguir fortalecendo os sectores comercial e hostaleiro de Santiago”. As axudas estarán dispoñibles no próximo mes de novembro, “cun funcionamento similar ao de edicións anteriores”, tal e como explicou a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Cos bonos, as persoas que os adquiran abonarán o 60% da compra, e o 40% restante correrá a cargo do Concello. O obxectivo é mobilizar un millón de euros.María Rozas adiantou que o orzamento dispoñible para esta convocatoria será de 433.000 euros, “unha cifra que é menor que a de anteriores edicións, pero que mellora sensiblemente as previsións iniciais do Goberno, que tan só contaba cunha partida de 200.000 euros para os Bonos Corazón nos orzamentos prorrogados de 2023”. A concelleira salientou “o esforzo realizado para incrementar a partida desta convocatoria, atendendo ademais a demanda do sector comercial co que mantivemos diferentes xuntanzas nos últimos meses para dar conta da situación de falta de fondos para esta iniciativa”. Nas próximas semanas, prevénse novas reunións para informar das características desta nova convocatoria dos Bonos Corazón.María Rozas explicou que os Bonos Corazón 2023 terán un funcionamento similar ao de edicións anteriores. Os e as clientes poderán descargar os bonos, que estarán cofinanciados polo Concello e a persoa solicitante, e consumilos nos establecementos adheridos á campaña mediante a correspondente aplicación. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude explicou que o seu departamento está ultimando os detalles das convocatoria, “co obxectivo de que tanto o número de clientes como de establecementos adheridos beneficiados sexa o máximo posible”.Na Xunta de Goberno de hoxe, aprobouse a convocatoria do procedemento de concorrencia para a selección da entidade colaboradora para a entrega e distribución dos Bonos Corazón, así como o texto do convenio entre o Concello e esa entidade, que percibirá algo máis de 25.000 euros como compensación económica. Unha vez publicada a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, as entidades interesadas terán un prazo de 10 días naturais para presentar as súas ofertas.

Leer más:   O Concello de Santiago celebrará un acto institucional en lembranza de Ánxel Casal

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 22 de octubre de 2023
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 23 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.