Inicio Últimas Noticias Goretti Sanmartín defende un novo modelo turístico “compatible e enriquecedor da vida...

Goretti Sanmartín defende un novo modelo turístico “compatible e enriquecedor da vida da veciñanza” no foro internacional sobre a taxa turística celebrado en Santiago

TURISMO
Goretti Sanmartín defende un novo modelo turístico “compatible e enriquecedor da vida da veciñanza” no foro internacional sobre a taxa turística celebrado en Santiago

20/10/2023 O Pazo de Fonseca reuniu esta mañá a representantes do tecido hostaleiro e social da cidade así como de diferentes institucións de Cataluña, Porto, Málaga e Sevilla para debater arredor da aplicación da taxa turística e outras iniciativas que permitan acadar un modelo turístico sustentable en lugares sometidos a unha presión turística elevada, como é o caso de Compostela. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, abriu a xornada defendendo a necesidade de definir un novo modelo turístico “que sexa compatible coa vida das persoas que vivimos e traballamos aquí”.

A alcaldesa de Santiago deu a benvida aos participantes na xornada na que se presentaron diversos casos de aplicación da taxa turística e outros instrumentos de xestión noutros lugares como Cataluña, Porto, Málaga e Sevilla con obxectivo de promover un turismo de calidade e salientou que se trata dunha “grandísima oportunidade para mudar a situación actual”, así como “un dos maiores retos que temos por diante”.A rexedora reiterou o compromiso do Goberno municipal de seguir a traballar por “planificar o turismo como unha actividade que achegue valor ao conxunto do concello e que sexa, polo tanto, compatible e enriquecedor da vida da veciñanza”. “Sabemos que mudar o modelo que existe non se logra dun día para outro pero o noso obxectivo é traballar en parámetros de calidade para que o número de visitantes deixe de ser o máis importante e pase a selo os beneficios que todo este turismo xera para a nosa cidade e para Galiza”, engadiu.Así, a alcaldesa defendeu a aplicación da taxa turística como unha forma de “re-equilibrar o custe de ser un dos destinos máis cobizados deste país que rexistrou, segundo datos oficiais do pasado ano, máis de 1,5 millóns de pernoctas, máis de 3 millóns de viaxeiros e viaxeiras no aeroporto Rosalía de Castro e máis de 400.000 compostelas entregadas na Oficina do Peregrino, cifras que nos meses que levamos de 2023 xa sabemos que imos superar a final de ano”.Na clausura da xornada, a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, defendeu tamén a necesidade de aplicar a taxa turística na cidade xa que se trata dunha “ferramenta moi valiosa que permitirá que o propio modelo turístico actual conte con maiores recursos para ese cambio que precisamos”, permitindo a “redistribución dos recursos que produce o turismo entre o conxunto da veciñanza”.Tamén destacou a partir do exposto durante a xornada que “como está comprobado nos múltiples destinos que xa contan con esta ferramenta, a taxa turística non ten un impacto na demanda”.3 eixes de traballoA xornada “O impacto turístico nas cidades. Taxa turística e outros instrumentos de xestión” organizouse no marco do Plan de turismo sustentable no que participan o Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. O foro estruturouse en tres grandes eixes.No primeiro, enfocado en ofrecer unha visión técnica da aplicación taxa turística, participaron o catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da USC, César García Novoa, autor ademais do estudo sobre a implantación deste tributo en Santiago de Compostela, e a directora xeral de Tributos da Generalitat de Catalunya, Natalia Caba i Serra, onde se leva aplicando este tributo desde o ano 2012.No segundo eixe deuselle voz ao ‘ecosistema’ socioeconómico da propia cidade, nunha mesa redonda moderada pola vicedecana da Facultade de Xeografía e Historia da USC, Mª José Piñeira Mantiñán, na que participaron o vicepresidente de Unión Hotelera, José Antonio Liñares; o presidente de Hostaleria.gal, Lois Lopes; a presidenta da Asociación de Hostelería de Compostela, Sara Santos; a presidenta da Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago, Lucía Vázquez; a presidenta da Asociación Veciñal A Xuntanza, Mon Vilar, e o presidente da Asociación de Veciños da Cidade Histórica Fonseca, Roberto Almuíña.O terceiro eixe estivo centrado na pegada do turismo nas cidades e contou coas intervencións do director de Turismo do Concello de Barcelona, Xavier Suñol Ferrer; a vereadora de Turismo e Internalización da Cámara Municipal de Porto, Catarina Santos Cunha; o senador e portavoz do grupo Socialista no Concello de Sevilla, Antonio Muñoz Martínez; e o director xeral de Turismo e Promoción do Concello de Málaga, Jonathan Gómez Punzón.

Leer más:   A cómica e actriz Sara Escudero anima o sector turístico de Santiago a adherirse a Santiguau

- Te recomendamos -
Artículo anterior130 profesionales sanitarios se unen en la II Jornada MAIC para abordar la insuficiencia cardiaca
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 20 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.