Inicio Últimas Noticias Volve o Talentia Summit para abordar os desafíos do mercado laboral do...

Volve o Talentia Summit para abordar os desafíos do mercado laboral do futuro

EMPREGO
Volve o Talentia Summit para abordar os desafíos do mercado laboral do futuro

19/10/2023 O Talentia Summit, a feira do talento e do emprego de Santiago, celebrará no próximo mes de novembro unha nova edición para analizar a transformación do mercado laboral. A cita comezará cun gran foro estratéxico inaugural, o 10 de novembro. A feira de emprego celebraráse entre os días 13 e 17.

O Talentia Summit´23 centrarase no futuro do traballo e o rol determinante da intelixencia artificial e doutras tecnoloxías emerxentes, nun formato híbrido que facilitará que as persoas participantes se beneficien das vantaxes das modalidades presencial e dixital. O evento será unha gran plataforma para o desenvolvemento profesional, grazas ás 15.000 prazas gratuitas en conferencias, obradoiros e cursos de formación online e presenciais. Ademais, na feira de emprego está prevista a participación de máis dun cento de empresas, que ofrecerán oportunidades de emprego, pero tamén de formación ou certificacións.O foro inaugural do Talentia Summit´23 será o 10 de novembro no auditorio do CGAC, mentres que as demais actividades presenciais terán lugar no Palacio de Congresos e Exposicións. En canto ao formato online, volverase activar a plataforma talentiasummit.comDesde a súa primeira edición, Talentia Summit posicionouse como un dos eventos de referencia no ámbito do talento e a innovación. Cun enfoque nas transformacións do mercado laboral, busca ofrecer ás persoas asistentes ferramentas e coñecementos para enfrontar os retos do futuro. O Talentia Summit está valorado cun 8.3 sobre 10 polos seus usuarios, consolidándose como unha cita imprescindible para potenciar o perfil profesional.

Leer más:   Minuto de silencio polas nenos e nenas vítimas do conflito en Gaza

- Te recomendamos -
Artículo anteriorMarruecos respalda una respuesta equilibrada basada en el derecho internacional y la paz en Oriente Medio
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 19 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.