Inicio Últimas Noticias A Xunta local de Seguridade constata un descenso das infraccións penais cometidas...

A Xunta local de Seguridade constata un descenso das infraccións penais cometidas en Santiago e dos casos activos de VioXén no primeiro semestre de 2023

CONVIVENCIA
A Xunta local de Seguridade constata un descenso das infraccións penais cometidas en Santiago e dos casos activos de VioXén no primeiro semestre de 2023

18/10/2023 O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a reunión ordinaria da Xunta local de Seguridade, copresidida pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, á que tamén asistiu o concelleiro de Convivencia, Xan Duro, e membros da Policía local, nacional e autonómica. No encontro analizáronse os datos de criminalidade do primeiro semestre do ano, entre os que destacan a redución de infraccións penais e o descenso no número de casos activos de VioXen. A este respecto, a alcaldesa anunciou a reactivación da Mesa Local de Coordinación institucional contra a Violencia de Xénero.

Leer más:   A alcaldesa e o director da Escola Oficial de Idiomas abordan temas de interese para a cidade no seu primeiro encontro

A Xunta Local de Seguridade analizou os datos de delincuencia no municipio no primeiro semestre de 2023 publicados polo Ministerio do Interior, que reflicten que “Santiago é unha cidade segura na que se esclarecen practicamente o 50% dos delitos”, salientou Goretti Sanmartín. Estes datos poñen sobre a mesa un descenso do 1,3% no número de infraccións penais cometidas en Santiago de xaneiro a xuño deste ano con respecto ao mesmo período do ano pasado e sitúan a taxa de criminalidade do concello por debaixo da media estatal.Na xuntanza tratáronse pormenorizadamente os delitos relativos a roubos en estabelecementos, venda de estupefacientes ou ciberdelincuencia. Sobre este último grupo, a rexedora destacou a redución dos índices, que se “atopan nos mesmos niveis que no 2022”.Reactivación da Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de XéneroAbordouse de xeito específico o aumento dos delitos contra a liberdade sexual, motivado por unha operación policial concreta, así como o estudo dos datos relativos á violencia de xénero no municipio. A este respecto, a alcaldesa anunciou a decisión do goberno de “reactivar a Mesa local de Coordinación institucional contra a violencia de xénero” co obxectivo de tratar esta lacra “non só dende a seguridade, senón dunha forma transversal, atendendo tamén ao ámbito sanitario, xurídico ou educativo”.Os obxectivos e funcións desta Mesa, da que forman parte o Concello, a Xunta, o Goberno central, os distintos corpos policiais, colectivos feministas, a Xerencia da Xestión Integrada do Sergas, Inspección Educativa de Santiago e os colexios oficiais de Educadoras Sociais, de Psicoloxía e de Traballo Social, son determinar criterios para a detección precoz de casos de violencia no ámbito local; acordar principios comúns para a detección e a atención en casos de alto risco; realizar seguimento dos casos ou impulsar estratexias de sensibilización.Colaboración institucionalPola súa banda, María Rivas destacou a colaboración non só entre todos os corpos policiais senón tamén de forma específica entre o Goberno e o Concello no seguimento e protección de vítimas de violencia machista no municipio. Reiteroulle, así mesmo, á alcadesa a total dispoñibilidade e colaboración por parte da Subdelegación do Goberno na Coruña e dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado para garantir a protección das vítimas de violencia de xénero en Santiago.

Leer más:   Os Beléns de San Fiz recibiron máis de 26.000 visitas neste Nadal

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEffic gana el ‘PropTech Innovation Challenge’ europeo por su rehabilitación eficiente de vivienda
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 18 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.