Inicio Últimas Noticias A gobernanza centra o noveno Econtro Emprendedor do ciclo de difusión da...

A gobernanza centra o noveno Econtro Emprendedor do ciclo de difusión da Axenda Urbana 2030 organizado polo Concello

PROMOCIÓN ECONÓMICA
A gobernanza centra o noveno Econtro Emprendedor do ciclo de difusión da Axenda Urbana 2030 organizado polo Concello

18/10/2023 O martes 17 de outubro celebrouse o noveno Encontro Emprendedor, no ciclo promovido polo Concello de Santiago a través do CERSIA, para a difusión da Axenda Urbana 2030. A Gobernanza foi o eixo principal abordado nesta ocasión, na que se coñeceu a iniciativa empresarial de Coop57 Galiza. O último Encontro Emprendedor do 2023 terá lugar o 21 de novembro, arredor das temáticas de Proximidade e Mobilidade Sostible.

Esta cooperativa ofrece servizos financeiros éticos e solidarios para reforzar e promover iniciativas de transformación social. O cooperativismo, a democracia interna, a auto organización e a participación son valores que traspasan a actividade da entidade, sendo o xérmolo da súa estrutura.A través da presentación de Antón Insua situouse a Coop57 Galiza como entidade rexida a través dos principios cooperativos, da transparencia e da confianza mutua. En relación á gobernanza, existen dúas figuras principais nesta cooperativa: as socias colaboradoras e as socias de servizos, que seguen un proceso de acompañamento e avaliación social para poder acceder a distintos produtos financeiros. Os consellos de sección territoriais, e as comisións técnica e social son quen toman as decisións que marcan o rumbo da cooperativa.Rematada a presentación, as persoas asistentes debatiron arredor de iniciativas transformadoras, e os valores diferenciais de Coop57 Galiza. Así mesmo, abriuse o foco cara a propostas que poden promover a gobernanza no Concello de Santiago, entre as que se mencionaron a posta en marcha dos orzamentos participativos, o apoio social e a confianza ás persoas que se poñen á fronte das asociacións, o fomento de estruturas formais de intercambio co Concello (consellos sectoriais), e tamén a organización de espazos de encontro nos que distintos actores, con distintos intereses, poidan procurar maneiras de tomar acordos. Así mesmo, mencionouse a importancia de trasladar de forma transparente as competencias de cada institución, a fin de non frustrar a participación social, e de mellorar a comunicación interna do Concello para facilitar á cidadanía o traslado das súas propostas.O ciclo de Encontros Emprendedores ten por obxectivo difundir a Axenda Urbana 2030, así como visibilizar aquelas iniciativas empresariais consolidadas, que xa están desenvolvendo a súa actividade baixo valores recollidos da Axenda Urbana e que poñen de manifesto a posibilidade de emprender e innovar neste marco.Unha vez rematado o Encontro Emprendedor, ofreceuse un espazo informal no que as persoas asistentes puideron continuar debatindo e establecendo relacións profesionais. O último Encontro Emprendedor do 2023 terá lugar o 21 de novembro, arredor das temáticas de Proximidade e Mobilidade Sostible. Pronto máis información.

Leer más:   A alcaldesa e o novo delegado do Goberno en Galicia abordan temas de interese para a cidade na súa primeira xuntanza institucional

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEffic gana el ‘PropTech Innovation Challenge’ europeo por su rehabilitación eficiente de vivienda
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 18 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.