Inicio Últimas Noticias Xornadas informativas para as empresas que aspiren ás subvencións a Empresas de...

Xornadas informativas para as empresas que aspiren ás subvencións a Empresas de Economía Social e aos Premios á Excelencia Empresarial

PROMOCIÓN ECONÓMICA
Xornadas informativas para as empresas que aspiren ás subvencións a Empresas de Economía Social e aos Premios á Excelencia Empresarial

17/10/2023 A concellería de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude organiza dúas xornadas informativas dirixidas ás empresas que queiran optar ás subvencións destinadas a apoiar as empresas de economía social ou aos premios á excelencia empresarial. O obxectivo é clarificar dúbidas con respecto a ambas convocatorias, que veñen de ser publicadas con modificacións respecto da anterior edición. As xornadas serán o próximo luns, no edificio CERSIA de San Lázaro.

A Concellería de Dereitos e Servizos Sociais do Concello de Santiago vén de publicar a segunda convocatoria das subvencións destinadas a apoiar as empresas de economía social e dos premios á excelencia empresarial. Ambas convocatorias introducen modificacións con respecto ás edicións anteriores, co obxectivo de incentivar o emprego feminino e de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión, favorecer a novos sectores de actividade, ou priorizar as dimensións estratéxicas e obxectivos da Axenda Urbana 2030.Debido a que todos estos cambios e modificacións nas bases reguladoras das convocatorias poden xerar dúbidas nas empresas solicitantes, a concellería que dirixe María Rozas organiza dous talleres presenciais que terán lugar no CERSIA o luns día 23 de outubro, o primeiro deles ás 9 horas e o segundo ás 12 horas. O obxectivo é que calquera empresa interesada poida formular de xeito individualizado calquera dúbida ou cuestión relativa a ambos proxectos. Non obstante, as empresas que non estean en disposición de acudir nesa data, terán á súa disposición na páxina web do Cersia a resposta ás preguntas e dúbidas máis frecuentes que xurdan nas mencionadas xornadas.Ademais, as empresas solicitantes teñen á súa disposición o correo electrónico sae@santiagodecompostela.gal para formular as súas dúbidas ou cuestións ata 3 días hábiles antes do peche do prazo de presentación de solicitudes.

Leer más:   ÚLTIMA HORA | Casi 500 zapatillas incautadas para vender “en mercadillos” en Galicia: investigados dos vecinos coruñeses por falsificación de calzado deportivo

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa Asamblea Nacional de Homeopatía resalta la necesidad de la integración de medicina complementaria y convencional
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 17 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.