Inicio Últimas Noticias O Goberno inicia os trámites para asumir a xestión do cobro das...

O Goberno inicia os trámites para asumir a xestión do cobro das multas a través de Tussa

MOBILIDADE
O Goberno inicia os trámites para asumir a xestión do cobro das multas a través de Tussa

17/10/2023 O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, anunciou hoxe o inicio dos trámites para asumir a xestión directa do cobro das multas a través de Tussa. O primeiro paso será a ampliación do obxecto social da sociedade municipal nos seus estatutos. Xan Duro lembrou que a empresa concesionaria do cobro das multas percibe case o 27% dos ingresos anuais recadados en vía voluntaria, unha porcentaxe que en 2022 equivaleu a máis de medio millón de euros.

O ano pasado, o Concello de Santiago ingresou 2.072.214,7 euros en concepto de multas, e a empresa que xestiona o seu cobro percibiu 555.353,54 euros, o 26,8% dos ingresos recadados en vía voluntaria, que é a porcentaxe recollida na adxudicación do servizo. Unha vez descontados os gastos de Correos e outros custos, a estimación é que o Concello podería aforrar unha media de 250.000 euros anuais coa xestión directa a través de Tussa.O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais explicou que este é o principal motivo polo que o Goberno vai afrontar a xestión directa do cobro das multas a través de Tussa, “unha vez que está a piques de finalizar a vixencia do actual contrato, que foi adxudicado pola Xunta de Goberno en novembro de 2018, por un prazo de tres anos máis dous anos de prórroga, e que finaliza o 31 de decembro”.Modificación do obxecto social de TussaPara que a sociedade municipal Tussa poida asumir a xestión do cobro das multas, vaise modificar o seu obxecto social, “para recoller encargos relacionados co auxilio técnico na tramitación de expedientes sancionadores e de recadación por infraccións da normativa de circulación e mobilidade urbana”.Xan Duro explicou que a modificación dos estatutos de Tussa será avaliada no consello de administración da entidade e posteriormente sometida á súa xunta xeral. O concelleiro mostrouse convencido de que a proposta “sairá adiante sen dificultade, porque existe consenso sobre a conveniencia de asumir a xestión directa das multas, e nese sentido se teñen manifestado os diferentes grupos municipais nos últimos anos”. A partir de aí, a Xunta de Goberno poderalle encomendar a Tussa a xestión do cobro das multas, co obxectivo de que este novo modelo entre en vigor o 1 de xaneiro.

Leer más:   O programa Teatro Foro volve a catro institutos de Santiago para abordar a resolución de conflictos a través do teatro

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa Asamblea Nacional de Homeopatía resalta la necesidad de la integración de medicina complementaria y convencional
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 17 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.