Inicio Últimas Noticias Unha peregrina de Singapur recibe o Certificado Dual 5.000 por percorrer o...

Unha peregrina de Singapur recibe o Certificado Dual 5.000 por percorrer o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo

TURISMO
Unha peregrina de Singapur recibe o Certificado Dual 5.000 por percorrer o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo

13/10/2023 Santiago de Compostela, cidade Patrimonio da Humanidade, e a cidade de Tanabe, destino do Kumano Kodo, levan anos traballando nun proxecto turístico de dimensión global.

June-Lian Mok, unha muller de Singapur, recibiu o Certificado que a convirte na peregrina Dual número 5.000. June-Lian Mok chegou acompañada da súa parella, Jeffrey Chiam, que recibiu o certificado 5.001. Ambos percorreron os Camiños de Santiago e o Kumano Kodo. O Kumano Kodo fixérono seguindo a ruta dende Kii-Tanabe a Kumano Hongu Taisha no ano 2018. E neste 2023 fixeron o Camiño de Santiago dende Baiona. Turismo de Santiago entregoulle un pequeno agasallo, consistente en diferente material arredor do Códice Calixtino, como recordo.Segundo declarou June-Lian Mok, “percorrer o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo son dúas experiencias que cambian a vida. Ambas son rutas culturais que teñen unha marabillosa tradición e hospitalidade”. A peregrina de Singapur tamén destacou a súa chegada que ambas rutas “supoñen un desafío no que ademais podes coñecer a persoas de todo o mundo”.Santiago de Compostela e Tanabe levan traballando conxuntamente desde o ano 2008, cando se asinou o primeiro convenio de colaboración entre ambas cidades que sentou as bases dunha relación cada vez máis profunda. Un dos proxectos máis importantes naceu no 2015, cando se creou o Pasaporte Dual. O Pasaporte Dual concíbese como un documento similar á credencial do Camiño de Santiago, pero no que se recoñece que se fixeron os dous Camiños, o de Santiago e o de Kumano, ambos declarados Patrimonio da Humanidade.Cando unha persoa completa os dous Camiños recibe un certificado e un alfinete conmemorativo cos símbolos propios de ambas rutas de peregrinación, a vieira do Camiño de Santiago e o corvo de Tanabe, e súbese unha fotografía a unha web común como lembranza dixital do logro conseguido.Coa chegada de June-Lian Mok e Jeffrey Chiam superáronse xa as 5.000 persoas que percorreron ambos camiños. Trátase dunha cifra moi relevante xa que dende comezos do 2020 ata finais do 2022 o Pasaporte Dual viuse moi afectado polo impacto das restricións para viaxar xeradas polo coronavirus.Dende a súa creación no 2015, percorreron xa ambos camiños persoas procedentes de 64 países. O país con maior número de peregrinos duais é Xapón, con máis de 1.200. En segundo lugar ven Australia, con máis de 700, e en terceiro lugar EEUU, con máis de 600. Estes datos amosan o interese global que ten o Pasaporte Dual. Trátase de dous Camiños Patrimonio da Humanidade que se atopan en continentes distintos, Europa e Asia, e que a súa vez son capaces de atraer en primeiro lugar a turistas doutros dous continentes, Oceanía e América.

Leer más:   Turismo de Santiago promociona a cidade como destino de congresos en Suíza

- Te recomendamos -
Artículo anterior‘En este gran mar’: La nueva obra de Juan Manuel Pardellas analiza la tragedia de la migración
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 13 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.