Inicio Últimas Noticias Luz verde ao inicio da contratación do servizo de mantemento das pistas...

Luz verde ao inicio da contratación do servizo de mantemento das pistas deportivas exteriores e ás bases do II Premio á Excelencia Empresarial

XUNTA DE GOBERNO
Luz verde ao inicio da contratación do servizo de mantemento das pistas deportivas exteriores e ás bases do II Premio á Excelencia Empresarial

11/10/2023 A Xunta de Goberno, reunida en sesión extraordinaria, aprobou o expediente de contratación do servizo de mantemento das pistas deportivas exteriores de acceso libre do Concello, así como ás bases reguladoras e á convocatoria para o ano 2023 da II edición dos Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030.

A segunda edición dos “Premios á excelencia empresarial Axenda Urbana 2030” contan cun orzamento de 60.000 euros. O seu obxectivo é premiar as empresas que se distinguisen polas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, economía circular, innovación, comercialización en produtos e servizos culturais, retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e, tamén, das boas prácticas de empresas de economía social.Están dirixidos a todas as empresas que teñan a súa sede social fiscal e, cando menos, un centro de actividade no Concello de Santiago de Compostela, baixo calquera forma xurídica admitida en dereito, e sexa cal sexa o seu campo de actividade. Establécense as seguintes categorías, valorando criterios:- Boas prácticas en materia de conciliación.- Boas prácticas en materia de economía circular.- Boas prácticas en materia de innovación e ciencia aplicadas ao modelo de negocio.- Boas prácticas en innovación, en comercialización de produtos e servizos culturais.- Boas prácticas de empresas de economía social.- Boas prácticas que identifican estratexias que apostan por atraer, reter ou mellorar o talento.- Boas prácticas aliñadas cos retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e os ODS da Axenda 2030.As empresas candidatas ao premio presentarán un formulario de solicitude e unha memoria para cada unha das categorías ás que concorran. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá o período dende o día seguinte ao da publicación do extracto das bases no BOP de A Coruña e ata o día 31 de outubro de 2023 ás 23.59 horas.Servizo de mantemento das pistas deportivas exterioresO Concello tamén aprobou o expediente de contratación do Servizo de inspección, mantemento, limpeza e traballos auxiliares das pistas deportivas exteriores de acceso libre municipais, cun orzamento base de licitación de 377.819,28 € (base impoñible de 312.247,34 € e IVE do 21% de 65.571,94 €), polo procedemento aberto de adxudicación. O gasto dividirase en dúas anualidades: 31.484,94 € para 2023 e 346.334,34 € para 2024.

Leer más:   O Concello paraliza as obras que provocaron a caída do muro medianeiro nun edificio da rúa do Coto

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCreciente interés en el ámbito de la salud entre estudiantes de FP
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 11 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.