Inicio Últimas Noticias Mozos e mozas do programa de emprego Appventurers desenvolverán apps de realidade...

Mozos e mozas do programa de emprego Appventurers desenvolverán apps de realidade aumentada en espazos emblemáticos de Santiago

EMPREGO
Mozos e mozas do programa de emprego Appventurers desenvolverán apps de realidade aumentada en espazos emblemáticos de Santiago

10/10/2023 Durante os próximos 12 meses, 16 mozos e mozas menores de 30 anos recibirán formación nas especialidades de desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web e desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos. Será grazas ao programa de emprego Appventures, que hoxe inaugurou a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, nun acto celebrado na Praza de Abastos no que tamén participou o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

O programa Appventurers combina a formación co traballo, de maneira que o alumnado recibe formación ao tempo que está contratado para realizar un traballo real. En concreto, os mozos e mozas participantes desenvolverán aplicacións móbiles de realidade aumentada sobre o Museo do Pobo Galego, a Praza de Abastos e a senda peonil do Sar. O obxectivo é utilizar estas solucións tecnolóxicas innovadoras para mellorar e enriquecer a experiencia das persoas que visitan eses tres puntos, ofrecendo unha capa de información adicional que axuda a comprender mellor eses lugares. Ademais, a realidade aumentada tamén permitirá atraer novos públicos ás zonas elixidas para o proxecto.A APP terá como obxectivo enriquecer a experiencia dos e das visitantes do Museo do Pobo Galego e da Praza de Abastos, contextualizando mellor os espazos e as súas características. No caso do Banquete de Conxo, tamén se representará a evoluión deste ámbito en tres momentos históricos e en tres lugares distintos: o bosque do Banquete de Conxo, as Brañas de Sar e a Colexiata, e a Fábrica da Mañoca.Appventurers é un programa de emprego destinado a persoas mozas incluídas no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus 2021-2027 ao 60%. O programa conta un orzamento de 424.836,96 euros.

Leer más:   O Concello adxudica as obras para mellorar a accesibilidade en Pontepedriña por máis de 145.000 euros

- Te recomendamos -
Artículo anterior“Tenemos que revitalizar nuestros valores y nuestra cultura de compromiso profesional y perseverancia”, menciona Gonzalo Sánchez, presidente de PwC
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 10 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.