Inicio Últimas Noticias A Axenda Urbana de Santiago organiza un novo Encontro Emprendedor coa Gobernanza...

A Axenda Urbana de Santiago organiza un novo Encontro Emprendedor coa Gobernanza como eixo central

PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Axenda Urbana de Santiago organiza un novo Encontro Emprendedor coa Gobernanza como eixo central

10/10/2023 A Gobernanza é un eixo transversal ao longo da Axenda Urbana 2030, que ten por obxectivo promover a participación social e cidadá sobre as cuestións de interese para a veciñanza.

O ciclo de Encontros Emprendedores celebra a súa penúltima xuntanza o martes 17 de outubro, ás 10h, no Espazo Galego da Creatividade. Do mesmo xeito que en anteriores citas, o Encontro Emprendedor enmárcarase nunha experiencia empresarial que pon en práctica o eixo da gobernanza, tanto na súa estrutura como na actividade que desenvolve.Nesta ocasión, Coop57 Galiza dará a coñecer a súa organización coas persoas asistentes. Coop57 Galiza é unha cooperativa formada por persoas e entidades que ofrece servizos financeiros éticos e solidarios, co obxectivo principal de contribuír para a transformación social positiva da economía e da sociedade.Como entidade, Coop57 Galiza pon en práctica os valores de democracia interna, participación e auto-organización, prestando servizos dende o ano 2009.Unha vez compartida a actividade de Coop57, desenvolverase un espazo participativo no que as persoas asistentes reflexionen sobre a gobernanza e a participación social. Como en cada Encontro Emprendedor, Creativas Galegas ofrecerá un almorzo con produtos galegos.As inscricións están abertas e son de balde (enlace ao pé desta noticia).

Leer más:   A Comisión Executiva do Consorcio aproba o encargo á empresa Tragsa da redacción do proxecto e a execución da obra do Centro Loxístico de Mercadorías da Cidade Histórica

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anterior“Tenemos que revitalizar nuestros valores y nuestra cultura de compromiso profesional y perseverancia”, menciona Gonzalo Sánchez, presidente de PwC
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 10 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.