Inicio Últimas Noticias Volven as Xornadas Micolóxicas ao CSC de Conxo

Volven as Xornadas Micolóxicas ao CSC de Conxo

CENTROS SOCIOCULTURAIS
Volven as Xornadas Micolóxicas ao CSC de Conxo

09/10/2023 O Concello de Santiago e a asociación Micolóxico-Naturalista Pan de Raposo colaboran, un outono máis, na celebración das Xornadas Micolóxicas de Conxo. O concelleiro Xan Duro e o experto en micoloxía, José María Costa Lago, presentaron hoxe as actividades, que se desenvolverán os próximos días 13 e 14 de outubro.

Xan Duro lembrou que as Xornadas Micolóxicas de Conxo “naceron hai xa quince anos da man duns afeccionados micólogos próximos ao barrio, e neste tempo foise incrementando o interese polo mundo dos fungos”. Para o concelleiro, “esta iniciativa é un bo exemplo das sinerxias que deben cremos que deben xerarse ao redor dos centros socioculturais, nos que a propia veciñanza é protagonista no deseño da programación”. Duro tamén lle agredeceu á asociación Pan de Raposo e en particular a José María Costa “o seu traballo e o seu esforzo didáctico nestas xornadas”. Charlas e roteiros micolóxicosAs Xornadas Micolóxicas de Conxo comenzarán o venres, coa inauguración dunha exposición de cogomelos no centro sociocultural Aurelio Aguirre. A partir das 20.15 horas, o presidente da asociación micolóxico-naturalista Pan de Raposo ofrecerá unha conferencia sobre os cogomelos comestibles.Xa no sábado 14 están previstos dous roteiros. Pola mañá, a partir das 9.30 horas, haberá unha ruta micolóxica ao Monte Pedroso, con saída desde o centro sociocultural de Conxo. Pola tarde, a partir das 17.00 horas, haberá un paseo polo Banquete de Conxo. Os dous roteiros teñen límite de prazas, e precisan de inscrición previa no teléfono 981 52 87 40. As Xornadas Micolóxicas pecharáse, a partir das 19.30 horas, cunha charla no centro sociocultural sobre cogomelos tóxicos e tipos de intoxicación, a cargo de José María Costa Lago, que tamén fai parte da asociación Pan de Raposo, é titulado en Química e Farmacia e ten publicados varios títulos de referencia sobre os cogomelos en Galicia.

Leer más:   ÚLTIMA HORA | Fallece el escritor vigués Salvador García-Bodaño a los 86 años

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 8 de octubre de 2023
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 9 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.