SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
O Concello realizará unha intervención para mellorar o parque de cans de Belvís
05/10/2023 O concelleiro de Dereitos dos Animais e Parques e Xardíns, Xesús Domínguez, mantivo un encontro con persoas usuarias do parque de Belvís e avanzou que o Concello realizará unha actuación para mellorar o estado en que se encontra este espazo.
En concreto, esta intervención municipal dotará de iluminación pública máis eficiente e acorde ás necesidades deste espazo verde, ademais de facer un peche do recinto do parque de cans cunha cancela para evitar que poida saír algún animal e da instalación dun valado, como reclaman.O plan de mellora previsto inclúe tamén a disposición dunha fonte de auga e de novos bancos, que se integren no mobiliario urbano do parque, co obxectivo de facilitar o paseo de cans para que poidan ter maiores comodidades e seguranza.Novos parques de cans”Cando teñamos un novo orzamento municipal e en función da dispoñibilidade económica, está previsto crear novos parques canís a petición das persoas con mascota”, explicou o concelleiro. Serán no parque de Guadalupe, na rúa García Lorca, “onde a delimitación do espazo que requiren será consensuada coa asociación veciñal e coas propias persoas con mascotas que o demandan; e outros dous nos barrios do Castiñeiriño e de Santa Marta, onde se detectou esta demanda”.
- Te recomendamos -