Inicio Últimas Noticias A Escola de Música de aCentral Folque presenta un novo curso con...

A Escola de Música de aCentral Folque presenta un novo curso con paseos musicais pola cidade e concertos nos centros socioculturais como novidades

CAPITAL CULTURAL
A Escola de Música de aCentral Folque presenta un novo curso con paseos musicais pola cidade e concertos nos centros socioculturais como novidades

05/10/2023 aCentral Folque continúa coa oferta de formación continua na súa Escola de Música -EMaCF- logo de quince anos en Santiago de Compostela aprendendo arredor das músicas populares. Nesta ocasión, o curso presenta como novidades concertos nos centros socioculturais e paseos musicais pola cidade. A programación completa foi presentada en rolda de prensa pola concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, e polo coordinador da Escola de Música, Mauro Sanín.

A edila agradeceu o labor que durante estes 15 anos vén prestando aCentralFolque en Santiago, “referente indiscutible” para todos e todas os que “queren aprender e saber da música popular galega. Louzou resaltou a importancia de “poñer en valor a nosa tradición, de mantela no tempo, de ensinala e transmitila, por iso esta colaboración é tan importante”.Mauro Sanín reinvindicou o labor da escola ao longo da súa vida “cun ensino enfocado nas aptitudes e intereses do alumnado con aulas individuais e colectivas en varias disciplinas da música tradicional galega e folque”.As aulas comezarán a partir do 5 de outubro ata mediados de xuño nas áreas de Canto e Pandeireta, Sanfona, Violino, Requinta, Gaita, Percusión, Baile e Análise de Cancións Tradicionais, ademais dunha chea de monográficos especializados que se irán anunciando ao longo do ano académico.”Trátase dun novo curso para quen goste de aprender e saber da música galega en Santiago de Compostela en diferentes centros socioculturais da cidade”, sinalou o coordinador do escola, que agradeceu o apoio do Concello de Santiago.As aulas da Escola de Música de aCentral Folque están pensadas para todo tipo de persoas, con total independencia dos seus coñecementos musicais previos e teñan ou non unha aspiración profesional no ámbito da música. A súa finalidade é dotar ao alumnado das destrezas necesarias no desenvolvemento do seu instrumento. O profesorado achega a súa experiencia profesional no ámbito da música popular galega para facerlla chegar ao alumnado. Existen aulas individuais e aulas colectivas.As aulas desenvolveranse de xeito presencial agás nos casos referidos.Como novidades para este curso, Mauro Sanín anunciou a realización de concertos nos centros socioculturais do concello, así como paseos musicais pola cidade, programas que serán presentados con máis detalle en vindeiras datas.Materias, profesorado e horarios do ensino regular• SANFONAMestre: Óscar Fernández. Lugar: CSC do Romaño. Días: venres (aulas cada 15 días e ensino a distancia)• VIOLINOMestre: Carlos Quintá. Lugar: CSC A Trisca. Días: sábados• FRAUTAS E REQUINTA / PERCUSIÓN / GAITAMestre: Roberto Sala. Lugar: ensino a distancia. Días: luns (ou a convir axenda co mestre)• BAILEMestre: Serxio Cobos. Lugar: CSC do Romaño. Horarios: Xoves tarde ás 17.00(iniciación) // 18.30 (avanzado)• CANTO E PANDEIRETAMestre: Serxio Cobos. Lugar: CSC do Romaño. Horario: xoves de 20.00 a 21.00• ANÁLISE de CANCIÓNS TRADICIONAISMestre: Sergio de la Ossa. Lugar: Auditorio de Galicia. Horarios: sábadosaCentralFolqueA historia d’aCentral Folque é unha historia de “loita pola divulgación da música popular galega e pola mellora da súa situación no contexto actual”, salientou o coordinador da súa Escola de Música.aCentral Folque leva máis de vinte anos aprendendo música ao redor das formas patrimoniais galegas desde que abriu as súas portas no curso 2000-01 o daquela chamado Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, vila onde se mantivo ata o ano 2008 cando trasladou a súa sede a Santiago de Compostela. “Nun tempo onde o ensino da música galega estaba restrinxido ao ámbito local dos grupos folclóricos e ao tecido asociativo, esta Escola supuxo un foco de atención a músicos de toda Galicia que podían asistir a aulas individuais de especialidades pouco frecuentes como a sanfona ou o acordeón diatónico”, lembrou Sanín. Vinte anos despois e cunha rede moi extensa de lugares e iniciativas semellantes onde aprender música galega por todo o país, “aCentral Folque continua a ser referencia docente con características propias como aulas individuais de instrumento ou o único Curso Maxistral sobre a música patrimonial galega”.

Leer más:   A Xunta de Goberno adxudica as obras de reforma da Praza de Abastos por máis de 450.000 euros

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorGXO galardonado con el ‘Premio Reto Social Empresarial’ de Cruz Roja por su labor en pro de la igualdad en España
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 5 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.