Inicio Últimas Noticias A Banda Municipal de Música arranca unha nova tempada baixo o título...

A Banda Municipal de Música arranca unha nova tempada baixo o título ‘Postais’

CAPITAL CULTURAL
A Banda Municipal de Música arranca unha nova tempada baixo o título ‘Postais’

04/10/2023 ‘Postais’ é o título da nova tempada de concertos da Banda de Música Municipal de Santiago que se desenvolverán ata o próximo mes de decembro no Teatro Principal e no Auditorio de Galicia. Este primeiro ciclo de 9 concertos arrancará este domingo ás 12:00 no Teatro Principal coa proposta “dende a orixe”.

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, acompañado polo director da BMSC, David Fiuza, presentaron esta mañá a programación do primeiro ciclo da nova tempada 2023-2024 da Banda Municipal de Santiago, que baixo o título ‘Postais’ ofrecerá un total de nove concertos ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro.A concelleira de Capital Cultural salientou que co programa ‘Postais’ “pretendemos viaxar desde Compostela a través da música” e adiantou que “en cada un dos concertos entregaráselle ao público unha postal, que contará no lado ilustrado cunha fotografía de Alejandro Piñeiro inspirada no contido musical e no repertorio da obra, que estará recollido no outro lado da postal”.Míriam Louzao tamén anunciou que os concertos “rematarán todos cunha obra galega para tamén dar a coñecer e divulgar o noso patrimonio cultural” e que “os compositores e solistas da formación terán gran protagonismo, xunto con directores e solistas convidados”. Tamén subliñou a aposta da formación pola “colaboración co Conservatorio Profesional de Música, coa Federación de Bandas e con diferentes agrupacións musicais”.Por último, a edila convidou á toda a veciñanza a asistir aos concertos, e de forma especial a “aquelas persoas que non van tan a miúdo ou que incluso nunca foron”, porque “será un descubrimento”.Este primeiro ciclo programará 9 concertos dende outubro ata decembro e inaugurarase o vindeiro domingo 8 de outubro cun proposta a modo de postal que chega “dende a orixe”, dirixido por David Fiuza e coa actuación da óboe solista Lidia Iglesias Vaamonde, no que se interpretará un repertorio clásico do século XIX que percorrerá diferentes lugares do mundo e que rematará cunha composición do galego Xoán Montes.O director da BMSC, David Fiuza, tamén avanzou a estrea da obra ‘Samaín’ do compositor galego Sergio Rodríguez e a actuación do trombista Sergio Manteiga, gañador do X Concurso de Xóvenes Solistas, organizado pola BMSC en colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Santiago. Este trimestre tamén haberá oco para concertos para o público familiar, unha homenaxe ao cineasta Hans Richter coindindo co festival de Cineuropa e o lanzamento da segunda edición do Concurso de Dirección da Banda Muncipal de Santiago. Este ciclo pecharase o 22 de decembro co tradicional concerto de Nadal que terá lugar no Auditorio de Galicia.

Leer más:   Roteiro en cadeira de rodas para mostrar os obstáculos que sofren as persoas con mobilidade reducida

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa IA llega al deporte: LALIGA y SportBoost encabezan la iniciativa
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 4 de octubre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.