XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica as obras de reforma da Praza de Abastos por máis de 450.000 euros
02/10/2023 A Xunta de Goberno local, reunida esta mañá en sesión ordinaria, deu luz verde á adxudicación do contrato de obras de reforma da praza de Abastos á empresa INSIDE THE TEAM, S.L por un importe total de 451.278,16 , IVE engadido. Con esta actuación, o Concello de Santiago pretende poñer en valor este edificio, incrementar a súa funcionalidade, e facelo máis cómodo e accesible a cidadanía e visitantes. Tamén se acordou conceder ás licenzas de obra ao Consorcio de Santiago para a reparación de fachada e restauración dos elementos escultóricos e ornamentais da fachada leste do Pazo de Raxoi e á USC para a reforma interior do colexio maior San Clemente.
A empresa adxudicataria do contrato “Obras de Reforma da Praza de Abastos”, INSIDE THE TEAM, S.L contará cun prazo de execución de 130 días hábiles dende a sinatura do contrato para levar a cabo unha serie de actuacións nas marquesiñas, os estores, as portas corredeiras, o cuarto de baño adaptado e a instalación eléctrica da torre central. O orzamento adxudicado ascende finalmente a 451.278,16 (base impoñible de 372.957,16 máis IVE do 21% de 78.321,00 ).Un dos elementos sobre os que se vai actuar son as marquesiñas de vidro. En concreto, naquelas situadas sobre os postos da muralla traballarase para eliminar as filtracións e mellorar o mantemento do falso teito. Para este fin establecerase unha pendente mínima de 1,5% ao plano de vidro da cuberta, cunha instalación dunha nova baixante por canlón, unha nova impermeabilización adherida ou flotante sobre o canlón existente; e a instalación dun novo canlón a modo de freo para a auga recollida pola cuberta de tella. Tamén se instalará un falso teito de reixa en aceiro galvanizado, máis doado de desmontar e de máis sinxela limpeza e mantemento.Nas marquesiñas de comunicación entre o edificio e os obradoiros e aquelas entre as naves levarase a cabo unha intervención similar mediante a substitución dos elementos que resolvan as filtracións de auga e o difícil mantemento do falso teito. Tamén se levarán a cabo labores de limpeza do canlón existente e a revisión de selaxes e unións con estrutura metálica existente. O falso teito de vidro, de difícil mantemento será substituído por unha malla permeable á luz que sirva para tamizar o seu paso; un elemento o suficientemente lixeiro e resistente para o seu fácil desmonte e manipulación.Polo que respecta aos estores verticais que protexen do sol aos postos localizados sobre a muralla, serán recolocados entre os piares para facilitar o seu mantemento, ao seren pezas máis pequenas. Colocaranse con guías verticais, para garantir o seu uso e mantelos desde ambos lados. Esta solución tamén fai que estes elementos, que deben entenderse como auxiliares, teñan menos peso visual desde a rúa Virxe da Cerca. Ademais, dotaranse de caixas para que estean resgardados da intemperie e motorizaranse para que o recollido se realice de xeito sinxelo.En canto ás portas corredeiras das naves, de 3 metros de altura, instalaranse novos motores, co obxecto de axilizar a súa apertura pola nova localización do sensor de presenza, que se descolgará do dintel. Ademais, as portas estarán provistas dun marco perimetral de aceiro inoxidable mate, o que protexerá os vidros dos golpes nos bordos.Outras das actuacións previstas son a susbstitución da arqueta exterior do baño adaptado para evitar os atascos e mellora da instalación eléctrica da torre central.LicenzasO executivo municipal acordou a concesión ao Consorcio de Santiago dunha licenza de obra maior para levar a cabo os traballos de mantemento e reparación de fachada e restauración dos elementos escultóricos e ornamentais existentes na fachada leste do Pazo de Raxoi. O orzamento de execución material dos traballos é de 463.106,61 euros. Tamén se outorgará á USC unha licenza para realizar a reforma interior do colexio maior San Clemente sito na praza de Rodríguez Cadarso, que conta cun orzamento de execución material de 3.654.855,91 .ConveniosA Xunta de Goberno deu luz verde esta mañá a convenios de colaboración con diversas entidades por un importe total de 124.000 euros. En concreto, aprobáronse convenios de colaboración coa Cámara de Comercio por un valor de 75.000 euros; coa Unión de Cooperativas Espazo Coop, por 39.000 euros e co Mercado de Abastos de Santiago, por 10.000 euros.Bonificación canon 2023 SogamaTamén se aprobou esta mañá ao importe previsto de aforro no custo do canon Sogama para o ano 2023, como consecuencia da bonificación, en 394.025,90 euros, o que permitirá establecer unha minoración do 34,58% sobre a débeda neta aos usuarios nos meses de novembro e decembro de 2023.Tamén se estableceu esta mañá o importe previsto de aforro no custo do canon de Sogama como consecuencia da bonificación en 394.025,90 euros; así como unha porcentaxe de minoración de 34,58% aos usuarios das tarifas incluídas no apartado 5.1 da Ordenanza fiscal 3.16. Aplicarase no 6ª bimestre de 2023. Do acordo darase conta ao Pleno da Corporación para a súa ratificación.Outros asuntosO executivo municipal acordou a adxudicación do contrato “Subministro en réxime de aluguer (sen opción a compra) de equipos multifunción e provisión de consumibles para todos os servizos administrativos do Concello de Santiago de Compostela” á empresa RICOH ESPAÑA SLU por un importe total de 462.869,72 , dividido en 4 anualidades, desde o 2023 ata o 2027.
Documentos relacionados
- Te recomendamos -