Inicio Últimas Noticias O Concello adxudica as obras para mellorar a accesibilidade en Pontepedriña por...

O Concello adxudica as obras para mellorar a accesibilidade en Pontepedriña por máis de 145.000 euros

XUNTA DE GOBERNO
O Concello adxudica as obras para mellorar a accesibilidade en Pontepedriña por máis de 145.000 euros

29/09/2023 Reunida en sesión extraordinaria, a Xunta de Goberno acordou esta mañá a adxudicación do contrato para a execución das obras do proxecto “mellora da accesibilidade ao barrio de Pontepedriña” á empresa ÁREA PROYECCIÓN, CONSTRUCCIÓN Y SERVICIOS SLU por un importe de 145.200,00 €. Tamén se deu luz verde a un convenio de colaboración co Centro Comercial Área Central por valor de 35.000 euros para o desenvolvemento dun programa de dinamización comercial e outro coa Asociación de Artesáns e Comerciantes Ourives de Compostela, para a creación e promoción da marca de produto “Ourives de Compostela”, por 20.220 euros.

O proxecto “mellora da accesibilidade ao barrio de Pontepedriña”, adxudicada á empresa ÁREA PROYECCIÓN, CONSTRUCCIÓN Y SERVICIOS SLU por un orzamento de 145.200,00 € (base impoñible 120.000,00 € máis IVE do 21% 25.200,00 €), permitirá a construción de dous pasos sobre o río Sar, a pavimentación e axardinamento da zona con criterios de sostibilidade e a eliminación de barreiras arquitectónicas.Enmarcada na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Santiago, este proxecto creará percorridos que conecten o barrio co tecido urbano e xerará ou mellorarán espazos. Así, a actuación pretende mellorar a accesibilidade e a conectividade da zona con outros barrios da cidade con ese novo paso sobre o río que favorecerá a existencia dun percorrido transversal interno, creando novos itinerarios que terán continuidade no Ensanche e outras sendas como a de Sar.Trátase dunha operación vinculada a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Santiago de Compostela (EDUSI – REVIVE COMPOSTELA) cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvmento Rexional da Unión Europea.ComercioCo obxectivo de fomentar e fortalecer o tecido comercial do municipio, a Xunta de Goberno tamén deu luz verde esta mañá a dous convenios de colaboración con entidades locais do ámbito. Por unha banda, apoiará con 35.000 euros ao Centro Comercial Área Central para o desenvolvemento dun programa actividades que contribúan á dinamización comercial do barrio de Fontiñas e do conxunto da cidade, especialmente de cara ao Nadal.Por outra banda, o Concello tamén asinará un convenio de colaboración por un importe de 20.220 euros coa Asociación de Artesáns e Comerciantes Ourives de Compostela, para a creación e promoción da marca de produto “Ourives de Compostela”, por tratarse a ourivería e pratería de dous gremios ascentrais de Compostela cuxa historia discorre paralela tanto da tradición xacobea como da propia cidade.Rehabilitación de vivendasO executivo municipal tamén deu luz verde á concesión de subvencións por un valor total de 50.788,06 euros para a rehabilitación de vivendas na cidade histórica, declarada Área de Rehabilitación Integral (ARI) por motivos de interese arquitectónico, cultural ou social. En concreto, este partida destinarase á rehabilitación de catro vivendas sitas nas rúas do Sar, Campo do Cruceiro do Gaio, Basquiños e Calzada do Carme de Abaixo.

Leer más:   Xuntanza do goberno coa Asociación de Veciños de San Xoán de Fecha

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAmazon y la Fundación Ortega-Marañón desarrollan la primera biblioteca de autopublicación en España
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 29 de septiembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.