Inicio Últimas Noticias A Policía Local amplía as súas charlas sobre lecer nocturno ao CSC...

A Policía Local amplía as súas charlas sobre lecer nocturno ao CSC do Ensanche

CONVIVENCIA
A Policía Local amplía as súas charlas sobre lecer nocturno ao CSC do Ensanche

26/09/2023 A concellería de Mobilidade e Convivencia e a Policía Local volven impulsar as charlas sobre lecer nocturno para a mocidade, que neste curso se impartirán no centro sociocultural do Ensanche ademais de nos institutos de Compostela. O obxectivo é concienciar aos mozos e mozas das consecuencias que poden ter determinadas conductas incívicas que se veñen rexistrando en Santiago asociadas ao ocio nocturno.

O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, presentou hoxe as charlas, acompañado polo Policía Local Martín Camba e pola responsable do centro sociocultural do Ensanche, Beatriz Cornide.Xan Duro agradeceu o traballo da Policía con esta iniciativa, “que busca previr conductas que son sancionadas nas ordenanzas municipais, como as de beber alcohol na rúa, facer botellón, ou ouriñar nos espazos públicos”. Ademais, o concelleiro explicou que estas charlas “complementan iniciativas similares impulsadas desde outros departamentos municipais, como mocidade ou dereitos sociais”.Martín Camba sinalou que as charlas “xorden como reacción diante do incremento das conductas incívicas asociadas ao ocio nocturno que se rexistrou nos últimos anos”. A iniciativa vai dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato dos Centros de Ensino Secundario, “porque é nestas idades de entre 16 e 17 anos cando os mozos e mozas teñen as súas primeiras experiencias de lecer polas noites”. Nas charlas, a Policía Local explícalle ao alumnado as leis e ordenanzas existentes que regulan cuestións vinculadas ao ocio nocturno, así como as infraccións que recollen e as súas consecuencias.Este ano, as charlas desenvolveránse, non só nos centros educativos, senón tamén no centro sociocultural do Ensanche. Neste caso, tal e como explicou Martín Camba, as charlas están pensadas para públicos diversos: nais e pais preocupados pols primeiras saídas dos seus fillos e fillas; estudantes universitarios que xa teñen máis experiencia no ocio nocturno, e cidadanía en xeral afectada polas molestias xeradas no ocio nocturno. Por iso, explicou Beatriz Cornide, “elixiuse o CSC do Ensanche para estas charlas, porque é unha zona da cidade na que existe maior presión”.As charlas comezan este xoves, no IES Antón Fraguas, e prolongaranse ao longo de todo o mes por diferentes centros educativos. No CSC do Ensanche, a primeira charla será o 23 de outubro, e estará dirixida ao estudante universitario.

Leer más:   Retransmisión da rolda do luns 19 de decembro

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLALIGA hace historia en Cívitas Metropolitano y Benito Villamarín en su sexta jornada
Artículo siguienteÚLTIMA HORA | Tragedia en Barbanza: fallece Gildo Martínez a los 72 años, responsable del PSOE de Ribeira en 1995
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.