Inicio Últimas Noticias Santiago acollerá a XXXVI edición da Copa Galicia Sénior Feminina de baloncesto...

Santiago acollerá a XXXVI edición da Copa Galicia Sénior Feminina de baloncesto esta fin de semana

DEPORTES
Santiago acollerá a XXXVI edición da Copa Galicia Sénior Feminina de baloncesto esta fin de semana

25/09/2023 A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou en rolda de prensa a XXXVI edición da Copa Galicia Sénior Feminina que se celebrará no pavillón de Santa Isabel do venres 29 de setembro ao domingo 1 de outubro. Con ela estiveron Julio Bernárdez, presidente da Federación Galega de Baloncesto; Belia Méndez Rial, subdirectora xeral de Plan e programas da Secretaria Xeral para o Deporte; e Kiko Montero, en representación de Rosalía _ Fedesa. Tamén asistiron á presentación do evento o reitor da USC, Antonio López; Ubaldo Rueda, presidente do Baloncesto Rosalía; e Susana García Senra, vicepresidenta da Federación Galega de Baloncesto.

Leer más:   A rúa da Fonte dos Concheiros integrarase na zona 3 de residentes de San Pedro

A edila de Deportes lembrou a “aposta do Concello polo deporte feminino cun evento de altura” ao que animou a asistir a toda a cidadanía compostelá. “Desexamos que sexa un éxito de asistencia”, engadiu.O presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernández, agradeceu tanto ao Concello como ao Rosalía a disposición e a colaboración e lembrou que o baloncesto foi unha disciplina “pioneira” na integración do deporte feminino.As semifinais enfrontarán, por un lado, ao Durán Maquinaria Ensino contra o equipo campión da fase previa o venres 29 ás 18.00 horas; e polo outro, ao Celta Zorka Recalvi e Baxi Ferrol o mesmo venres ás 20.30 h. A final, retransmitida pola TVG, será o domingo 1 de outubro ás 12.00 horas.

Leer más:   O Monte Viso acolle unha plantación de especies autóctonas impulsada pola Sociedade Española de Reumatoloxía

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 24 de septiembre de 2023
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 25 de septiembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.