Inicio Últimas Noticias A Xunta de Goberno dá luz verde a actuacións no rural por...

A Xunta de Goberno dá luz verde a actuacións no rural por máis de 300.000 euros e concede a licenza para a rehabilitación do CEGADI

XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá luz verde a actuacións no rural por máis de 300.000 euros e concede a licenza para a rehabilitación do CEGADI

25/09/2023 A Xunta de Goberno local deu o visto bo á participación do Concello na segunda fase do POS da Deputación da Coruña, que suporá o investimento de máis 326.000 euros nas parroquias de Laraño, Bando e Enfesta. O executivo tamén aprobou os proxectos das obras de mellora da accesibilidade no cruzamento entre as rúas Xeneral Pardiñas e República do Salvador e de construción dun aparcadoiro na rúa Santa Comba, así como o inicio do expediente para a contratación das obras de reurbanización da rúa do Pombal. Así mesmo, concedeuse a licenza para a rehabilitación do CEGADI. De todos os asuntos deu conta en rolda de prensa a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Sanmartín salientou a concesión da licenza para as obras de reforma do edificio do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (CEGADI), sito na rúa Xosé Chao Rego, no parque de Salgueiriños, á Consellería de Política Social, tras a solicitude rexistrada o 21 de xuño de 2023. As actuacións, que contan cun orzamento de execución material de 773.080,52 euros, consistirán en obras de redistribución, mellora e reparación de cubertas do edificio, sen alterar o volume edificado.ObrasA Xunta de Goberno acordou participar na segunda fase do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ ADICIONAL 2/2023” da Deputación Provincial da Coruña e solicitar a aplicación da achega provincial a tres actuacións: a construción dun parque infantil no espazo socioeducativo de Rial, no lugar de Reibó (parroquia de Laraño), cun orzamento de 124.999, 99 euros; a ampliación da rede de saneamento na rúa do Coto dos Olmos (parroquia de Bando), cunha achega de de 116.370,62 euros; e a ampliación da rede de abastecemento na estrada AC-250 no lugar de Frades (parroquia de Enfesta), por 85.460,27. En total, 326.830,88 euros, dos cales 266.199,40 corresponden á achega da Deputación, e 60.631,48, ao Concello.Ademais, a Xunta de Goberno aprobou o proxecto para a mellora da accesibilidade no cruzamento das rúas do Xeneral Pardiñas con República do Salvador cun orzamento de 66.230,11 €, IVE incluído, e un prazo de execución de 4 semanas. O obxecto do proxecto consiste na execución dunha plataforma central, en formigón, no cruzamento das dúas rúas. A plataforma terá a mesma cota que as beirarrúas, dando preferencia aos peóns. Tamén se executarán ramplas de acceso á calzada e mellorarase a accesibilidade.Tamén se deu luz verde ao proxecto para a construción dun aparcadoiro na rúa de Santa Comba cun orzamento de 79.175,85 €, IVE incluído, e un prazo de execución previsto de 3 meses. Trátase da execución dunha zona de aparcadoiro de 227,50 m2 (18 prazas) e a remodelación da beirarrúa nunha superficie de 150 m2.Así mesmo, aprobouse o inicio do expediente de contratación das obras de rehabilitación do firme, mellora da accesibilidade e seguridade peonil na rúa Camiño dos Vilares, tramo rúa Camiño dos Vilares – rúa Follas Novas, cun orzamento de licitación de 92.730,52 €, IVE incluído, e unha duración estimada de dous meses. A obra consiste na reposición do firme, mellora da seguridade viaria e da accesibilidade (pasos de peóns elevados e eliminación de barreiras) e disposición de sumidoiros e colectores.Por outra banda, adxudicouse o contrato para a rehabilitación do colector de saneamento da avenida de Vilagarcía a SERVICIOS TÉCNICOS DE LIMPIEZAS INDUSTRIALES MIGUEL ARIAS SL, por un prezo de 57.281,40 €, IVE incluído, e 1 mes de prazo de execución. Levarase a cabo o illamento dos pozos de rexistro e a rehabilitación do colector para evitar filtracións da rede de saneamento.Reurbanización da rúa do PombalO executivo local tamén aprobou o inicio do expediente para a contratación das obras de reurbanización da rúa do Pombal, en concreto do treito comprendido entre o cruzamento coa rúa Campiño da Ferradura e a intersección coa travesía do Cruceiro do Galo. As obras contan cun orzamento de 762.991,01 € e unha duración estimada de 8 meses.Esta reurbanización suporá unha ampliación da beirarrúa próxima ás edificacións, a colocación de pasos peonís elevados para a redución da velocidade do tráfico rodado e a renovación e dotación de servizos urbanos: abastecemento de auga e rego, saneamento, alumeado público, gas natural e telecomunicacións.CiberseguridadeXa fóra das obras, aprobouse o expediente denominado “contrato derivado do acordo marco de servizos de seguridade da información, ciberseguridade e protección de datos persoais adxudicado pola AMTEGA”, cun orzamento de licitación de 263.835,66 €, IVE incluído, e unha duración de 29 meses. Trátase de servizos de xestión do centro de operacións de seguridade (SOC) do concello para garantir a seguridade no uso e intercambio de información electrónica.Felicitación públicaPor último, a alcaldesa deu conta do acordo de Xunta de Goberno polo que se concede felicitación pública aos dous policías locais, Daniel Hermida e Jorge Jamardo, que o pasado 31 de agosto levaron a cabo unha acción meritoria ao colaborar en manter con vida a un neno de menos de dous que sufrir a un atragoamento cun anaco de comida.

Leer más:   As Escolas Infantís Municipais acollen o XII ciclo de sesións didácticas "Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música"

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 24 de septiembre de 2023
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 25 de septiembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.