Inicio Últimas Noticias O turismo internacional continúa crecendo en Compostela cun incremento do 11,6% en...

O turismo internacional continúa crecendo en Compostela cun incremento do 11,6% en agosto

TURISMO
O turismo internacional continúa crecendo en Compostela cun incremento do 11,6% en agosto

22/09/2023 Os establecementos hoteleiros da cidade sumaron 212.045 pernoctacións o pasado mes, un 2,4% máis que en agosto do Ano Santo 2022.

Os datos do mes de agosto da Enquisa de Ocupación Hoteleira do INE confirman a consolidación de Santiago de Compostela como un destino internacional cun atractivo turístico que vai moito máis alá que a celebración dun Ano Santo. Así, no pasado mes de agosto, a cidade sumou 212.045 pernoctacións, cun crecemento do 2,4% respecto do mes de agosto do 2022, cando se celebrou o Ano Santo.O incremento do pasado mes apoiouse no turismo internacional, que continúa tendo cada vez máis presenza na cidade. Así, fronte ás 67.450 pernoctacións de agosto do 2022, neste agosto a cifra chegou ata as 75.273, cun aumento do 11,6%. Este crecemento foi acompañado dun lixeiro incremento da tarifa media diaria que segundo, o INE, situouse en 94,8 euros, un 1,8% máis que en agosto de 2022.Grazas aos datos de agosto, o turismo internacional achégase xa ao medio millón de pernoctacións no que vai de ano. En total, suman xa 491.875 pernoctacións nos oito primeiros meses do ano, un 21,4% máis que no mesmo periodo do Ano Santo pasado.Tomando os datos de turistas domésticos e internacionais, os establecementos hoteleiros da cidade rexistraron ata agosto 1.084.668 pernoctacións, un 7,9% máis que o ano pasado. De seguires esta tendencia no último cuatrimestre do ano, Compostela superaría o máximo histórico de pernoctacións logrado o ano pasado, cando se superou por primeira vez a barreira do millón e medio.Ademais, se continúa esta tendencia de crecemento grazas ao incremento do turismo internacional, sería a primeira vez que o ano posterior a un Ano Santo consigue superar as cifras do propio Ano Santo, amosando a fortaleza de Santiago como destino turístico e o seu atractivo internacional que vai máis alá do Xacobeo.

Leer más:   Convócase o XVI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

- Te recomendamos -
Artículo anteriorRiquelme premia a los minoritarios de Cox Energy con la integración de Abengoa Energía
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 22 de septiembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.