Inicio Últimas Noticias O PMUS e a licitación do transporte público protagonizan a reunión do...

O PMUS e a licitación do transporte público protagonizan a reunión do plenario do Pacto Local pola Mobilidade

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE
O PMUS e a licitación do transporte público protagonizan a reunión do plenario do Pacto Local pola Mobilidade

22/09/2023 O edificio Cersia de San Lázaro acolleu esta tarde a reunión do plenario do Pacto Local pola Mobilidade, a primeira deste órgano desde 2018. Na xuntanza, presidida pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, o concelleiro de Mobilidade deu conta do estado no que se atopan tanto a elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible como a licitación do servizo de transporte público. Xan Duro fixo un chamamento ao conxunto da Corporación municipal e a todas as entidades representadas no Pacto “para colaborar e avanzar cara unha mobilidade máis sostible e eficiente, porque ese é un dos principais retos que tén por diante Santiago”.

Licitación do servizo de transporte públicoO concelleiro de Mobilidade explicou no plenario a situación na que se atopa o servizo de transporte público, “unha vez que o Goberno se viu obrigado a paralizar a licitación que estaba en marcha por indicación dos técnicos municipais, e habida conta tanto dos recursos admitidos polo TacGal contra os anteriores pregos como a suba salarial vinculada ao novo convenio colectivo dos traballadores do transporte por estrada”. Xan Duro apuntou que se están a realizar novos estudos económicos “introducindo algunhas melloras con respecto aos anteriores pregos no que tén que ver coas liñas e as frecuencias”. O edil sinalou que “á espera dos resultados deses informes, sí está tomada a decisión de incorporar un servizo de bus nocturno, con dúas liñas que funcionarán ata as cinco da mañá de mércores a sábados”. Tamén se incluirá unha liña de bus lanzadeira ao aeroporto, “que evitará os problemas que se veñen producindo na actualidade, tanto con viaxeiros da terminal como cos veciños e veciñas que denuncian atrasos porque os autobuses chegan cheos ás súas paradas”. O obxectivo do Goberno, explicou Xan Duro, é que os estudos económicos estean rematados antes de final deste ano, para que a licitación poida comezar canto antes.Plan de Mobilidade Urbana SostibleNo plenario do Pacto Local pola Mobilidade tamén participaron os responsables da redacción do Plan de Mobilidade Urbana e Sostible, que foi adxudicada á empresa EPTISA-CPS. Foi para dar conta dos traballos realizados ata o de agora, e das cuestións pendentes de cara á aprobación do documento. Tal e como explicaron, unha vez realizada unha diagnose sobre cuestións como a mobilidade ciclista, o transporte público, a rede viaria ou os aparcamentos, comezará a fase de definición das liñas de actuación e elaboración do documento final, no que se recollerán medidas concretas a implantar. Nesta fase seguirase fomentando a participación da veciñanza, e está prevista a celebración do II Foro da mobilidade.Outros temasNo plenario do Pacto Local pola Mobilidade tamén se deu conta do inicio dun estudo para mellorar o transporte e a mobilidade no rural do municipio, que lle foi encargado a Miguel Pazos Otón, xeógrafo da Universidade de Santiago experto en temas de mobilidade. Ademais, o concelleiro Xan Duro deu conta dalgunhas das iniciativas nas que está traballando o seu departamento co obxectivo de fomentar a mobilidade ciclista e peonil en Santiago.

Leer más:   Concello e hostaleiros avanzan na creación dunha mesa para o diálogo co sector

- Te recomendamos -
Artículo anteriorRiquelme premia a los minoritarios de Cox Energy con la integración de Abengoa Energía
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 22 de septiembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.