Inicio Últimas Noticias Roteiro en cadeira de rodas para mostrar os obstáculos que sofren as...

Roteiro en cadeira de rodas para mostrar os obstáculos que sofren as persoas con mobilidade reducida

MOBILIDADE
Roteiro en cadeira de rodas para mostrar os obstáculos que sofren as persoas con mobilidade reducida

20/09/2023 “En cadeira de rodas vese unha cidade con grandes muros que camiñando non se perciben”. É a conclusión común dos representantes da Corporación municipal e doutros colectivos que esta mañá participaron no percorrido en cadeira de rodas organizado pola concellería de Mobilidade, en colaboración con Cogami. A actividade, enmarcada na celebración da Semana Europea da Mobilidade, quixo poñer o foco sobre as moitas barreiras arquitectónicas e sensoriais que ainda sofren as persoas con diversidade funcional.

Guiados por Ramón Sestayo, Susi Pérez e Álvaro García, de Cogami, concelleiros e concelleiras da Corporación municipal comprobaron cales son as dificultades ás que se enfrontan na súa vida diaria as persoas con mobilidade reducida. Foi nun pequeno percorrido desde a praza de Galicia ata a praza de Mazarelos, no que experimentaron os problemas para cruzar os pasos de peóns, subir e baixar pendentes, ou circular en determinado pavimento. O concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, explicou que “o obxectivo desta actividade era precisamente poñer o foco, non nos grandes atrancos que percibimos todos, senón en cuestións das que non somos conscientes no noso día a día pero que marcan a diferenza na calidade de vida de moitas persoas”. Desde Cogami, Álvaro García reclamou “maior compromiso político e orzamentario para mellorar a accesibilidade en Santiago, para garantir a autonomía e a participación na vida pública en igualdade de condicións de todos os veciños e veciñas”.No roteiro en cadeira de rodas participaron o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro; o de Obras, Suso Domínguez; e a responsable de Deportes, Pili Lueiro. Tamén se sumaron á iniciativa as concelleiras do PP María Baleato e Olaya Otero; e o edil do PSOE, Gonzalo Muíños.

Leer más:   A praza da Quintana acollerá mañá o concerto "Los 40 Santiago Pop" que inaugura as Festas da Ascensión deste ano

- Te recomendamos -
Artículo anteriorUna divertida sorpresa: Grupo Gallo lanza pasta para niños con los personajes de Disney
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 20 de septiembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.