Inicio Últimas Noticias O Concello súmase á celebración do centenario do Seminario de Estudos Galegos

O Concello súmase á celebración do centenario do Seminario de Estudos Galegos

ALCALDÍA
O Concello súmase á celebración do centenario do Seminario de Estudos Galegos

20/09/2023 O Concello de Santiago únese ao Consello da Cultura Galega e a outras institucións galegas para organizar de xeito conxunto un roteiro conmemorativo entre Compostela e Ortoño que terá lugar o vindeiro 12 de outubro, emulando a andaina fundacional que realizaron algúns dos membros do SEG hai 100 anos. No marco desta efeméride, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, tamén anunciou a posta en marcha de varios roteiros pola cidade vinculados ao SEG, así como a elaboración dun caderno sobre a historia da entidade e dunha unidade didáctica dirixida aos centros educativos.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou esta mañá na presentación dos actos vinculados á celebración e reivindicación do Seminario de Estudos Galegos no ano do centenario da súa fundación. Na rolda estiveron presentes os representantes de todas as institucións implicadas: a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; a presidenta do Padroado Museo do Pobo Galego, Concha Losada; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o alcalde de Ames, Blas García; o presidente da RAG, Víctor Freixanes, e a vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC, Pilar Murias.O roteiro «Saber de nós: Cen anos do Seminario de Estudos Galegos» partirá da Alameda compostelá o vindeiro 12 de outubro ás 09 horas. Á súa chegada a Ortoño, farase unha ofrenda floral diante da placa da dundación do SEG na casa de Rosalía en Ortoño. A continuación, todas aquelas persoas que o desexen poderán participar nun xantar popular amenizado con música tradicional. Para participar nestas actividades, cómpre inscribirse na páxina web do evento.Na véspera terá tamén lugar o congreso «Saber de nós: cen anos do Seminario de Estudos Galegos» que se centrará na importancia do SEG no seu momento, as súas vicisitudes históricas, o impacto na cultura de Galicia do século XX e a vixencia do seu legado. Estará estruturado en catro sesións.Goretti Sanmartín calificou a celebración destas e outras actividades como un acto “xusto e necesario” que “pon a guinda a unha serie de actos que comezaron en 2016” coa celebración do centenarios das Irmandades da Fala e do Grupos Nós. A rexedora contratulouse da boa sintonía entre as institucións implicadas e fixo un chamamento a “toda a poboación compostelá” para unirse a esta xornada festiva de andaina e romaría e así “recoñecer a importancia que tiveron as persoas ligadas ao SEG entre nós”.Ademais,a rexedora adiantou que o Concello de Santiago tamén se unirá á celebración desta efeméride coa organización de varias actividades propias, como unha serie roteiros por diferentes puntos de Compostela relacionados coa historia do SEG. Tamén se prevé a publicación dun caderno específico que recollerá a historia e principais fitos do SEG que se distribuirá en centros sociais e colexios e institutos, e unha unidade didáctica para enviar a centros educativos de Compostela e da comarca.

Leer más:   O Nadal chega a Compostela co acendido o alumeado

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorUna divertida sorpresa: Grupo Gallo lanza pasta para niños con los personajes de Disney
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 20 de septiembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.