Inicio Últimas Noticias Comezan os obradoiros de acollemento lingüístico organizados polo Concello de Santiago

Comezan os obradoiros de acollemento lingüístico organizados polo Concello de Santiago

LINGUA
Comezan os obradoiros de acollemento lingüístico organizados polo Concello de Santiago

19/09/2023 Bélxica, Colombia, Estados Unidos, India, Filipinas ou Irán son algúns dos lugares de procedencia das persoas que este mércores, 20 de setembro, comezan ou seu achegamento inicial á lingua e cultura galegas da man dos obradoiros de acollemento lingüístico que organiza o Departamento de Lingua do Concello de Santiago.

A actividade vaise desenvolver nas dependencias do Espazo Apego e estenderase ata finais de ano en quendas de mañá e tarde. Durante o curso, o alumnado accederá a contidos vinculados coa lingua e a literatura galegas e a aspectos de cultura xeral como historia, xeografía ou estruturación administrativa locais e galegas. Prestarán especial atención ademais á interrelación coa oferta cultural e de lecer da cidade, entendéndoa como espazo facilitador da integración para a nova veciñanza compostelá.Esta iniciativa tivo unha moi boa acollida, polo que a demanda superou a oferta de prazas, con 25 para cada quenda, polo que xa existe unha lista de agarda constituída por aquelas persoas que non obtiveron praza na actual convocatoria, pero que poderían incorporarse para cubrir posibles baixas de persoas admitidas.As persoas interesadas en participar en novas edicións poden informarse a través da páxina web delingua.santiagodecompostela.gal; chamando ao número 981 542 409 ou contactando co Departamento de Lingua Galega municipal a través do correo electrónico dlg@santiagodecompostela.gal.

Leer más:   A Xunta de Goberno Local aproba as bases da convocatoria de subvencións destinadas ás asociacións veciñais cunha contía de 98.000 euros

- Te recomendamos -
Artículo anteriorNuevas titulaciones enfocadas en el mercado laboral llegan a la Universidad Alfonso X el Sabio
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 19 de septiembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.