Inicio Últimas Noticias Activado o plan de renovación de illas soterradas de residuos

Activado o plan de renovación de illas soterradas de residuos

SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
Activado o plan de renovación de illas soterradas de residuos

15/09/2023 Este verán procedeuse á renovación de 15 illas soterradas de recollida selectiva de residuos de vidro, papel e envases. Ademais, incorporaranse colectores específicos en superficie para a fracción orgánica de residuos sólidos urbanos (FORSU), a carón deles, para evitar os problemas de lixiviados que deterioraban o sistema hidráulico. Con esta intervención, facilítaselle o depósito de residuos á veciñanza e, ao mesmo tempo, axilízase o mecanismo de funcionamento.

Detectouse que estas illas tiñan un mal funcionamento, nalgunhas delas derivadado de filtracións continuadas de auga e lixiviados que provocaron a degradación do sistema e comprometían o circuíto de conexións eléctricas e os mecanismos internos de elevación e baixada dos colectores. Noutras retiróuselles peso para que a maquinaria hidráulica poida accionarse do xeito adecuado.Ademais, neste plan para mellorar o sistema de recollida selectiva de residuos está previsto que siga este labor de renovación das 100 illas existentes en 4 anos.Renovarónse xa as illas situadas nas rúas Frei Rosendo Salvado, París, avenida de Castelao, a Choupana, Gómez Ulla, Santiago de Guayaquil, Curros Enríguez, Irmáns Rey Alvite, Morón, Vista Alegre e Manuel Vázquez Cacharrón, entre outras.

Leer más:   O Concello reúnese coas asociacións de hostalería para analizar a nova convocatoria dos Bonos Corazón

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEnrique Riquelme, líder de CoxAbengoa, defiende ‘alianzas multilaterales entre Europa y América Latina para establecer reglas claras y poder consolidar las inversiones’
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 15 de septiembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.