Inicio Últimas Noticias Santiago dá a benvida ás delegacións ministeriais que participan no Consello de...

Santiago dá a benvida ás delegacións ministeriais que participan no Consello de Asuntos Económicos e Financeiros da Unión Europea (ECOFIN)

ALCALDÍA
Santiago dá a benvida ás delegacións ministeriais que participan no Consello de Asuntos Económicos e Financeiros da Unión Europea (ECOFIN)

14/09/2023 O Pazo de Raxoi acolleu esta tarde unha recepción de benvida ás delegacións ministeriais que participan no Consello de Asuntos Económicos e Financeiros da Unión Europea (ECOFIN) que se desenvolverá desde mañá, 15 de setembro, ata o sábado 16 en Compostela.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, recibiron á súa chegada ao Pazo de Raxoi á vicepresidenta primeira do Goberno de España, Nadia Calviño; ao gobernador do Banco de España, Pablo Hernández de Cos; ao presidente do CAF (Banco de Desenvolvemento de América Latina), Sergio Díaz-Granados; e ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.Tras a sinatura no Libro de Honra do Concello por parte de Nadia Calviño, Sergio Díaz-Granados e Pablo Hernández de Cos, a rexedora dedicou unhas verbas de benvida a todas as persoas presentes, coas que quixo salientar a importancia de Compostela como “símbolo milenario de encontro cultural e de intercambio de coñecemento”. “Non se nos ocorre cidade máis acaída que a nosa para acoller un encontro da transcendencia mundial desta reunión ministerial de asuntos económicos da Unión Europea e de América”, engadiu.Goretti Sanmartín desexoulles a todas as persoas participantes no Consello “acerto para que as súas decisións acaden os obxectivos que nos orientan: achegármonos a un mundo máis xusto e sustentábel social, económica e ambientalmente” e salientou “a importancia de poñer no centro da toma de decisións, co maior dos convencementos e a máis firme determinación, o benestar das persoas e o futuro do planeta”. A rexedora recordou que “as grandes decisións económicas e as regras fiscais que se establezan atinxen á nosa supervivencia cultural e natural e á vida da nosa xente”.Na súa intervención, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, recordou que “Galicia é o inicio de moitos mundos” e ademais “viste a medio planeta, é líder nacional na fabricación de coches e exporta produtos do mar ou viños aos cinco continentes”, polo que “é un bo lugar para abordar os retos económicos e financieros que atravesa a Unión Europea, que non son poucos”.Pechou o acto a vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño, que agradeceu ao Concello de Santiago e á Xunta de Galicia “a cariñosa acollida” e a “boa organización”. “Penso que este evento é un exemplo extraordinario de como a cooperación entre as distintas institucións pode abordar beneficios ao noso país e ao conxunto da sociedade”, salientou.Na recepción tamén estiveron presentes o arcebispo de Santiago, Francisco Prieto; o reitor da USC, Antonio López; así como os voceiros e as voceiras dos distintos grupos municipais e a Corporación.

Leer más:   A Coruña, epicentro del estreno de la nueva colección de Zara sobre Barbie

Documentos relacionados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorISDIN y la Copa América de vela trabajan juntos en la concienciación sobre la fotoprotección
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 14 de septiembre de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.