Inicio Últimas Noticias A Real Filharmonía de Galicia selecciona un/unha director/a asistente para o ano...

A Real Filharmonía de Galicia selecciona un/unha director/a asistente para o ano 2024

CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia selecciona un/unha director/a asistente para o ano 2024

03/08/2023 A Real Filharmonía de Galicia abre un proceso de selección para a posterior contratación dun/dunha director/a asistente para o ano 2024. Ofrécese unha experiencia formativa en todos os aspectos prácticos do mundo musical profesional (dirección, programación, formación, relación con outras institucións artísticas…). A persoa seleccionada gozará dunha oportunidade para profundar e impulsar a súa carreira coma director/a profesional, baixo a mentoría do director artístico e titular da RFG, Baldur Brönnimann.

As persoas interesadas poderán facer a inscrición para este proceso, a través da plataforma MUVAC, ata o día 17 de setembro.O proceso de selección realizarase de forma presencial no Auditorio de Galicia do 4 ao 7 de decembro. Na páxina web da RFG poden consultarse os detalles deste proceso.A Real Filharmonía de Galicia é unha das institucións culturais de referencia en Galicia, levando a música clásica arredor de toda Galicia e a un amplo abano de persoas. Entre os seus valores fundamentais atópanse a inclusión social, a excelencia artística, o apoio á expresión musical contemporánea e a formación e o apoio ás futuras xeracións de novos profesionais da música.

Leer más:   O Concello investirá máis de 150 mil euros na mellora da conectividade de Pontepedriña coa construción de dous novos pasos sobre o río Sar

Direccións relacionadas


- Te recomendamos -
Artículo anteriorConmoción en Lires por el fallecimiento de una mujer de 60 años
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2023
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.